LUGO .- Dentro das actividade programadas pola iniciativa Km0 da Deputación , nestes días 55 veciños de Monterroso desprazáronse ata A Mariña, onde visitaron a lonxa e o barco boniteiro de Burela, ademais do mirador do Castelo. Pola súa banda, os 48 estudantes da cidade do Cabe elexiron Ribadeo como destino da súa ruta. No municipio mariñano, visitaron o mosteiro das Clarisas e fixeron unha travesía marítima pola ría.
O mércores, 24 integrantes de COGAMI descantaranse polo Concello de Viveiro Para visitar a igrexa de Santa María do Campo, a Muralla e a porta de Carlos V, a praia de Covas e o monte de San Roque.
O xoves, 24 membros da Asociación de Veciños “Reanem As Anzas” de Ribadeo visitarán o Mazo de Santa Comba e a Ribeira Sacra. Na zona sur da provincia, farán a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e un percorrido em catamarán por Amandi. Completarán a ruta cunha degustación na adega Regina Viarium. Ese mesmo dia, 55 integrantes da Asociación “Terras de Friolfe” do Páramo e 24 solicitantes individuais optarán pola Mariña e pola Ribeira Sacra, respectivamente.
Nota de Prensa
Fernando Romay e o Leite Río Breogán promocionan
o Camiño Francés con Km0 a Compostela
– Coa presenza de personalidades carismáticas do deporte e da vida social galega e nacional, a Deputación impulsa as rutas Xacobeas luguesas, o tempo que potencia a economía e o turismo a través do deporte e da multiaventura
– A Mariña, a Ribeira Racra e Lugo centro, destinos esta semana das sete rutas organizadas por Km0
O ex-xogador de baloncesto galego, Fernando Romay, e o plantel do Leite Río Breogán, farán o domingo, 21 de marzo, un treito do Camiño Francés, ó seu paso polo Concello de Monterroso, dentro do programa Km0 a Compostela co que o organismo provincial se converteu na primeira administración cunha programación estable previa ó Xacobeo. Trátase da segunda ruta que organiza a Deputación dentro deste programa no que xa participou a pasada fin de semana a prestixiosa alpinista, Chus Lago, e ó que se sumarán outras personidades relevantes do deporte e da vida social galega e española, como é o caso do ex-pívot do Real Madrid.
Coa presenza de personaxes carismáticos como Romay ou o equipo de baloncesto da capital, o organismo provincial pretende impulsar a economía provincial, promocionar as rutas Xacobeas luguesas, e fomentar o turismo a través do deporte e da multiaventura, xa que o Ano Santo é unha extraordinaria oportunidade para xerar riqueza en Lugo e en todos os Concellos polos que pasa o Camiño.
Romay foi internacional coa selección española ata en 174 ocasións e formou parte do mítico equipo español co que conquistou a medalla de prata nos xogos olímpicos dos Ánxeles en 1984. Ademais de Romay e o plantel do equipo de baloncesto lugués, outros deportistas como a alpinista Chus Lago e colectivos como a Sociedade Española do Corazon –SEC-, os directores de medios de comunicación de Galicia, os campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya, ou autoridades como o Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, fixeron o Camiño de Santiago en Lugo dentro deste programa.
Outras rutas para esta semana
O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, recibiu este martes a un grupo do Clube de Petanca (Monterroso) e a outro da ANPA CEIP “A Gándara” (Monforte de Lemos) dentro de Km0. En total, participarán 278 persoas nas sete rutas organizadas polo organismo provincial para esta semana.
Os 55 veciños de Monterroso desprazáronse ata A Mariña, onde visitaron a lonxa e o barco boniteiro de Burela, ademais do mirador do Castelo. Previamente, coñeceron o centro de produción de programas da Fundación TIC. Pola súa banda, os 48 estudantes da cidade do Cabe elexiron Ribadeo como destino da súa ruta. Logo de seren recibidos no Pazo de San Marcos, percorreron o Centro de Artesanía e Deseño. No municipio mariñano, visitaron o mosteiro das Clarisas e fixeron unha travesía marítima pola ría.
O mércores, 48 estudantes do primeiro ciclo de primaria do CEIP Frei Luis de Granada de Sarria visitarán o Centro de Interprestación do río Miño, a igrexa de Santa Eulalia de Bóveda, a Muralla e a Catedral de Lugo. Asimesmo, 24 integrantes de COGAMI descantaranse polo Concello de Viveiro. Antes de desprazarse ata a costa luguesa, percorrerán o CENTRAD para logo visitar a igrexa de Santa María do Campo, a Muralla e a porta de Carlos V, a praia de Covas e o monte de San Roque.
Finalmente, o xoves, 24 membros da Asociación de Veciños “Reanem As Anzas” de Ribadeo visitarán o Mazo de Santa Comba e a Ribeira Sacra. Na zona sur da provincia, farán a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e un percorrido em catamarán por Amandi. Completarán a ruta cunha degustación na adega Regina Viarium. Ese mesmo dia, 55 integrantes da Asociación “Terras de Friolfe” do Páramo e 24 solicitantes individuais optarán pola Mariña e pola Ribeira Sacra, respectivamente.
No primeiro caso, coñecerán o centro de cultivos marinos, o mosteiro das Clarisas e o casco histórico ribadense. Tamén farán unha travesía marítima pola ría. O grupo de solicitantes individuais visitará o CENTRAD e farán un percorrido en catamarán por Amandi, ademais da ruta a pé ata Pena do Castelo. O itinerario tamén inclúe unha degustación na adega Regina Viarium.






















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



