XOVE .- O alumnado da Escola de Maiores de Xove visitou o Concello de Alfoz dentro das saídas culturais programadas no curso académico e que aportan un gran coñecemento vivencial e social ás persoas participantes.
NOTA DE PRENSA
Viaxe a Alfoz da Escola de Maiores de Xove
O 8 de abril o alumnado da Escola de Maiores visitou o Concello de Alfoz, acompañados pola Educadora Familiar Angélica Casabella e a Traballadora Social Ana de la Barrera, e por Tatiana, a Educadora Familiar de Alfoz; esta viaxe enmarcouse dentro das saídas culturais programadas dentro do curso académico e que aportan un gran coñecemento vivencial e social ás persoas participantes.
Pola mañá acudiron ao parque eólico deste Concello. A visita foi guiada polos técnicos do parque, que explicaron o funcionamento do mesmo. Posteriormente, subiron ao mirador do Pereiro para contemplar unha panorámica de Alfoz, para, a continuación, visitar unha granxa de leite mecanizada, na cal puideron ver a sala de ordeño, sala das crias, proceso de limpeza, etc.; de seguido, todo o grupo se desprazou a Torre do Mariscal Pardo de Cela, onde puideron ver todo o seu interior.
Xa pola tarde, despois do xantar, todo o grupo fixo funha ruta de sendeirismo dende a coñecida Sala da Naranxa ata chegar á Finca Galea, bordeando todo rio. Coa visita á Finca Galega, rematou esta viaxe.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



