Nota de Prensa
O CONGRESO DEBATERÁ MAÑÁ UNHA INICIATIVA DO BNG PARA QUE O GOBERNO AUMENTE A POTENCIA DAS EMBARCACIÓNS DE BAIXURA, MARISQUERO A FLOTE E DE EXTRACCIÓN DE PERCEBE
Olaia Fernández Davila denuncia que a actual lei estatal “está feita para o Mediterráneo, pero non para Galiza, onde se precisan máis potencia nas embarcacións para traballar con seguridade”
Madrid, 13 de abril 2010 .- O Congreso dos Deputados debaterá mañá, mércores 14 de abril, unha iniciativa da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, pola que se lle demanda ao Goberno que incremente a potencia autorizada para as embarcacións pesqueiras de menos de 12 metros de eslora, que en Galiza abrangue ás flotas de baixura, marisqueo a flote e de extracción de percebe.
Davila considera que a última reforma do Goberno, o Real Decreto 1579/2009, publicado no BOE do 10 de outubro do pasado ano, “aínda significando unha mellora, os novos parámetros de potencia autorizada nos motores seguen sendo insuficientes para a flota galega”.
“É posíbel que esta normativa sexa válida para o mar Mediterráneo ou outras zonas do Estado español, pero non para Galiza, onde as condicións meteorolóxicas e o estado do mar son máis adversos e polo tanto é necesaria unha maior potencia pesqueira nas embarcacións para poder traballar en condicións de seguridade”, subliña.
Neste sentido, a deputada do BNG precisa que o incremento da potencia dos motores “é necesario para que os mariñeiros poidan traballar en condicións de seguridade, non para realizar un maior esforzo pesqueiro”.
Texto da iniciativa do BNG
Ante esta situación, a proposición non de lei que defenderá a deputada do BNG mañá, a partir das 17:00 horas, na Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño do Congreso insta ao Goberno a:
“-Modificar a normativa vixente en materia de potencia propulsora máxima permitida a buques menores de 12 metros de eslora total para a súa adaptación á realidade e ás necesidades da flota pesqueira galega, ao obxecto de posibilitar o incremento da potencia propulsora e, polo tanto, a legalización plena e a viabilidade no futuro destas embarcacións con porto base en Galiza, así como a navegación das mesmas con criterios de seguridade no mar e maior calidade de vida no seu traballo·”.
Contar co sector para determinar os novos topes
En segundo lugar, a iniciativa insta ao Goberno a que “para a fixación e determinación dos novos topes e condicións de propulsión contarase co contraste e a participación das entidades e organizacións do sector pesqueiro galego de baixura, marisqueo a flote e extracción de percebe”.
“A lei debe adaptarse á realidade de Galiza, que concentra máis da metade da flota de todo o Estado”
A deputada do BNG considera necesaria esta modificación da normativa vixente para que se teña en conta a especificidade de Galiza, onde se concentra máis do 50% da flota pesqueira do Estado español, e para, en definitiva, mellorar a seguridade e as condicións de traballo no mar”.
Das arredor de 8.000 embarcacións pesqueiras censadas en Galiza, unhas 7.800 son barcos de pequeno tamaño, da flota artesanal que está afectada por esta normativa.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



