ALFOZ.- O próximo venres, 30 de abril, vaise celebrar unha cea de confraternidade na parroquia de Mor en Alfoz entre peñas de fútbol federadas.
NOTA DE PRENSA:
ENCONTRO DE PEÑAS FEDERADAS DA MARIÑA COA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DO R. C. DEPORTIVO DA CORUÑA.
CONTAREMOS COA PRESENZA DALGÚN XOGADOR DO DÉPOR
(Confirmada a asistencia de PACHI DOPICO, vicepresidente do Dépor)
Pola presente comunicámoslle a vostede que o vindeiro VENRES, 30 de ABRIL de 2010, celebrarase unha CEA DE CONFRATERNIDADE na sede da nosa peña, sita no Bar San Pedro (Correlos-19 Mor-Alfoz), co seguinte horario de actos:
-20:00 h.: XUNTANZA DAS PEÑAS
-21:00 h.: CEA
MENÚ:
Centolo
Nécora
Cocido
Sobremesa
Viños e refrescos.
PREZO POR PERSOA: 30 €
…E DESPOIS DA CEA… VERBENA ! AMENIZADA POLA ORQUESTRA RIA DE BETANZOS.
Moi importante: SÓ PODERÁ ASISTIR Á CEA QUEN TEÑA INVITACIÓN RESERVADA.
MÁIS INFORMACIÓN NOS TELÉFONOS: 619 52 18 77 e 982 55 84 11






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



