NOTA DE PRENSA:
COMUNICADO A PRENSA DA CONCELLEIRA POR INDEPENDENTES DO VALADOURO MARIA JOSÉ FERNÁNDEZ DIAZ, RESPETO Ó PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VALADOURO, CELEBRADO O PASADO 26 DE MARZO E EMITIDO POLA RADIO MUNICIPAL ESTE MÉRCORES (31/3/10).
No punto cuarto do Pleno tratouse a concesión de subvencións a asociacións de veciños e outras entidades sin ánimo de lucro para inversións en infraestructuras e equipamento de carácter comunitario e María J. Fdez, como representante dos Independentes por Valadouro, votou en contra da resolución do expediente.
As bases da concesión aclaraban que a finalidade da subvención era a realización de investimentos que impliquen a execución de obras de interés xeral e que serían beneficiarias as Asociacións de Veciños e entidades sen ánimo de lucro que tivesen como finalidade a promoción e recuperación do medio rural.
Queremos sinalar que coa nosa decisión de votar en contra da concesión non dudamos do criterio nin das necesidades expostas polas Asociacións de Veciños, que son a mellor vía de coñecer o que cada parroquia necesita , senon que pensamos que este tipo de asociacións non se deben equiparar a hora de otorgar unha subvención, ainda que sólo sea pola sua representatibidade, cas Asociacións sen ánimo de lucro; por eso as solicitudes destas últimas deberiase cursar por separado e estudiar máis detenidamente a utilidade do que van realizar cos cartos que perciban.
En concreto nesta convocatoria presentouse unha Asociación (“Fraga das Lerias”) con sólo 12 socios ( tres dos cales son os propios concelleiros do PSOE ) e que solicitaba o desbroce de unhas pistas forestais que, según aclaración na Comisión Informativa previa a celebración do Pleno, tiñan interese turístico; queremos aclarar que parte de esas pistas na actualidade non teñen nin saida, non sirven para a utilización dunha motobomba en caso de incendio (pois non se sube con todoterreno por elas) e incluso nalgunha existen cancelas cerradas con candado ou eucaliptos plantados na propia pista.
Está claro que os camiños forestais son imprescindibles, pero tamén ten que estar claro que hai que empregar e otorgar os cartos das subvencións con responsabilidade. O millor sería consultarlle aos propios veciños da parroquia que camiños precisan e o que se faiga facelo ben, acondicionalo correctamente.
Estamos en contra de dar os cartos do Concello aleatoriamente e consideramos que este tipo de peticións terianse que analizar puntualmente, ver a sua utilidade comunitaria e incluso analizar o seu coste, pois nós solicitamos un presuposto de execución desas limpezas e resultou ser un 20% menor que o presentado na solicitude de subvención.
É o noso deber por en coñecimento dos vecinos esta situación, pois é PENOSO que se pida austeridade nos presupostos e que incluso se chege a esixir, como sucedeo no 2009, como condición para aprobalos suprimir a única excursión que o Concello organiza para as suas personas maiores, e en cambio, esa misma xente, non chore ahora limpar camiños sen saida coa única finalidade de conseguir publicidade partidista.





















Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



