A MARIÑA.- A 31 de marzo de 2009 no Pacto Territorial de Emprego rexístranse un total de 4.570 persoas paradas. Este valor é 17 persoas máis elevado que o rexistrado o 28 de febreiro de 2009. Con este incremento numérico o incremento porcentual é do 0,37%. Valor claramente peor que a variación mensual rexistrada fai un ano, cando o paro descendía no conxunto do Pacto un 0,32%.
OBSERVATORIO DO PARO (MARZO 2010)
Este informe foi elaborado polo Observatorio do paro da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña.
Ámbito: Pacto Territorial de Emprego da Mariña, que abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela. Os datos do Pacto compáranse cos da Provincia de Lugo e con Galicia.
Fonte de datos utilizada neste informe: Consellería de Traballo e Benestar (informe mensual do paro rexistrado)
VARIACIÓN DO PARO REXISTRADO NO PACTO TERRITORIAL, LUGO E GALICIA
| Ambito | PARO
MARZO 2010 |
VARIACIÓN
INTERANUAL1 |
% VARIACIÓN
INTERANUAL |
VARIACIÓN
MENSUAL2 |
% VARIACIÓN
MENSUAL |
% VARIACIÓN
MARZO 2009 – FEBREIRO 2009 |
| PACTO | 4.570 | 490 | 12,01 | 17 | 0,37 | -0,32 |
| LUGO | 22.606 | 2.735 | 13,76 | 129 | 0,57 | 0,94 |
| GALICIA | 236.449 | 24.965 | 11,80 | 2.278 | 0,97 | 2,38 |
Táboa: Paro rexistrado, variación interanual, mensual en 2010 e mensual en 2009
A 31 de marzo de 2009 no Pacto Territorial de Emprego rexistranse un total de 4.570 persoas paradas. Este valor é 17 persoas máis elevado que o rexistrado o 28 de febreiro de 2009. Con este incremento numérico o incremento porcentual é do 0,37%. Valor claramente peor que a variación mensual rexistrada fai un ano, cando o paro descendia no conxunto do Pacto un 0,32%.
En Lugo e Galicia o paro tamén aumentou no derradeiro mes. Pero os seus aumentos porcentuais son maiores que os que se rexistran no Pacto. Aunque no caso de Lugo e Galicia o comportamento rexistrado no derradeiro mes é mellor que o rexistrado no mes de marzo de 2009.
Nos derradeiros doce meses os parados do Pacto vironse incrementados en 490 persoas, o que é un 12,01% mais de paro en marzo de 2010 que no mesmo mes do 2009.
Comparando o comportamento do paro do Pacto co de Lugo e Galicia, vemos que ten un comportamento intermedio, aumenta mais que Galicia e menos que Lugo.
A variación do paro segundo sexo é a seguinte:
|
ÁMBITO |
HOMESPARADOS | VARIACIÓN MENSUALHOMES | % VARIACIÓNMENSUAL
HOMES |
MULLERES PARADAS | VARIACIÓN MENSUAL MULLERES | % VARIACIÓN MENSUAL MULLERES |
| PACTO | 2.059 | -1 | -0,05 | 2.511 | 18 | 0,72 |
| LUGO | 11.122 | 42 | 0,38 | 11.484 | 87 | 0,76 |
| GALICIA | 110.443 | 1.146 | 1,05 | 126.006 | 1.132 | 0,91 |
Táboa: Paro rexistrado no mes de marzo de 2010 e variación con respecto a xaneiro de 2010 segundo sexo
No derradeiro mes o paro masculino no Pacto Territorial descendeu un 0,05%, o que se traduce en 1 home parado menos. Pola contra o paro feminino aumentou en 18 mulleres, é decir hai un 0,72% máis de paro feminino que fai un mes.
En Lugo e Galicia aumentaron tanto o paro masculino como o feminino no derradeiro mes. Nambolos dous casos os aumentos maiores correspondenlle a Galicia. E tamén hai que observar que tanto o paro masculino como o feminino aumentan en maior porcentaxe en Lugo e Galicia que no Pacto Territorial.
A distribución de parados segundo sexo é a seguinte:
| Paro total (MARZO2010) | Paro masculino | % paro masculino | Paro feminino | % paro feminino | |
| PACTO | 4.570 | 2.059 | 45,05 | 2.511 | 54,95 |
| LUGO | 22.606 | 11.122 | 49,20 | 11.484 | 50,80 |
| GALICIA | 236.449 | 110.443 | 46,71 | 126.006 | 53,29 |
Táboa: Distribución da poboación parada segundo sexo a 31 de marzo de 2010
A distribución da poboación parada segundo sexo e idade é a seguinte:
| Homes < 25 | Mulleres < 25 | Homes > 25 | Mulleres >25 | |
| PACTO | 6,32 | 5,40 | 38,73 | 49,54 |
| LUGO | 6,22 | 4,97 | 42,98 | 45,83 |
| GALICIA | 5,74 | 4,39 | 40,97 | 48,90 |
Táboa: Distribución da poboación parada por sexo e idade a 31 de marzo de 2010
A distribución dos parados segundo actividade produtiva é a seguinte:
| AGRICULTURA
GANDERÍA |
INDUSTRIA | CONSTRUCIÓN | SERVIZOS | SEN EMPREGO
ANTERIOR |
|
| PACTO | 3,59 | 10,15 | 16,96 | 58,93 | 10,37 |
| LUGO | 3,59 | 10,49 | 16,65 | 57,82 | 11,44 |
| GALICIA | 2,68 | 15,47 | 16,19 | 54,90 | 10,77 |
Táboa: Distribución da poboación parada por actividades económicas a 31 de marzo de 2010
VARIACIÓN DO PARO NOS DISTINTOS CONCELLOS DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DA MARIÑA
PARO TOTAL:. Son oito os concellos do Pacto Territorial nos que o paro total descendeu no derradeiro mes. O maior descenso porcentual correspondelle ao concello de Ourol, seguido de Trabada, O Vicedo, A Pontenova, Muras, Viveiro, Riotorto e Mondoñedo. Nos concellos de Lourenzá e O Valadouro non se rexistra variación do paro total no periodo considerado. E nos restantes concellos do Pacto o paro subiu. O maior aumento porcentual corresponde ao concello de Barreiros, e seguenlle en porcentaxe, Burela, Alfoz, Xove, Cervo, Foz e Ribadeo. Todos eles rexistran aumentos porcentuais maiores que o que rexistra o conxunto do Pacto. A variación interanual mostra catro concellos con descenso do paro (Muras, Lourenzá, Ourol e O Vicedo) e trece onde o paro aumentou. O maior aumento porcentual é para Burela. Os restantes concellos onde o paro aumentou ordeados de maior a menor aumento porcentual son: Riotorto, Cervo, Barreiros, Foz, Ribadeo, Xove, O Valadouro, Alfoz, Viveiro, Trabada, Mondoñedo e A Pontenova.
PARO MASCULINO: En oito dos concellos do Pacto Territorial o paro masculino descendeu no derradeiro mes. O concello de Ourol é o que rexistra o maior descenso porcentual. Seguenlle en porcentaxe de descenso O Vicedo, Muras, A Pontenova, Viveiro, Trabada, Xove e O Valadouro. En todos eles o descenso porcentual rexistrado é maior que o rexistrado para o global do Pacto. En tres dos concellos do Pacto o paro masculino non trocou no mes de marzo: Mondoñedo, Cervo e Riotorto. Nos concellos restantes rexistrase un aumento dos homes parados. Porcentualmente o maior aumento correspondelle ao concello de Barreiros, seguido de Burela, Lourenzá, Ribadeo, Alfoz e Foz. A variación interanual mostra dous concellos con descenso do paro masculino, un no que non variou e catorce con aumento. Os concellos con un descenso do paro masculino son Muras e Alfoz. E O Valadouro é o concello que rexistra unha variación nula. O concello no que mais aumentou o paro masculino no derradeiro ano foi Riotorto. Seguenlle Xove, Burela, Trabada, Foz, Barreiros, Cervo e Ribadeo (que aumentan por enriba da media do Pacto). E A Pontenova, Viveiro, Mondoñedo, Ourol, O Vicedo e Lourenzá (que aumentan por debaixo da media do Pacto)
PARO FEMININO: O paro feminino descendeu en nove dos dezasete concellos do Pacto. O maior descenso porcentual é o que se rexistra no concello de Ourol. Seguido dos concellos de Trabada, Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, A Pontenova, Viveiro e Ribadeo. Nos concellos de Barreiros e Muras a variación intermensual do paro feminino é nula. E nos concellos restantes aumentaron o número de mulleres paradas rexistradas. O maior aumento porcentual correspondelle ao concello de Xove. Seguenlle en porcentaxe de aumento Alfoz, Burela, Cervo, Foz e O Valadouro. Analizando o comportamento interanual do paro feminino hai sete concellos nos que o paro descendeu e dez nos que o paro feminino aumentou. Os concellos con descenso do paro feminino son Muras, Trabada, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, A Pontenova e Mondoñedo. Os concellos con aumento do paro feminino nos derradeiros doce meses son Cervo, Alfoz, Burela, O Valadouro, Riotorto, Ribadeo, Foz, Viveiro, Barreiros e Xove.
| Concellos nos que o paro total descendeu máis que a media do Pacto | |
| Concellos nos que o paro total descendeu menos que a media do Pacto Territorial | |
| Concellos nos que o paro total aumentou |
Mapa: Distribución dos concellos do Pacto en función da súa variación porcentual do paro total no derradeiro mes
TABOAS RESUMO
- TÁBOA RESUMO DA EVOLUCIÓN DO PARO SEGUNDO SEXO NO ANO 2010
| ÁMBITO TERRITORIAL | HOMES | MULLERES | |||||
| TOTAL | TOTAL HOMES | <25 | >25 | TOTAL MULLERES | <25 | >25 | |
| XANEIR0 2010 | |||||||
| PACTO | 4.577 | 2.077 | 291 | 1.786 | 2.500 | 251 | 2.249 |
| LUGO | 22.416 | 11.039 | 1.379 | 9.660 | 11.377 | 1.069 | 10.308 |
| GALICIA | 231.628 | 107.613 | 13.070 | 94.543 | 124.015 | 9.867 | 114.148 |
| FEBREIRO 2010 | |||||||
| PACTO | 4.553 | 2.060 | 276 | 1.784 | 2.493 | 244 | 2.249 |
| LUGO | 22.477 | 11.080 | 1.377 | 9.703 | 11.397 | 1.073 | 10.324 |
| GALICIA | 234.171 | 109.297 | 13.424 | 95.873 | 124.874 | 10.172 | 114.702 |
| MARZO 2010 | |||||||
| PACTO | 4.570 | 2.059 | 289 | 1.770 | 2.511 | 247 | 2.264 |
| LUGO | 22.606 | 11.122 | 1.407 | 9.715 | 11.484 | 1.124 | 10.360 |
| GALICIA | 236.449 | 110.443 | 13.574 | 96.869 | 126.006 | 10.383 | 115.623 |
-
- TÁBOA RESUMO DA EVOLUCIÓN DO PARO SEGUNDO ACTIVIDADE ECONÓMICA NO ANO 2010
| ÁMBITO TERRITORIAL | TOTAL | AGRICULTURA/PESCA | INDUSTRIA | CONSTRUCIÓN | SERVIZOS | SEN EMPREGOANTERIOR |
| XANEIR0 2010 | ||||||
| PACTO | 4.577 | 178 | 488 | 765 | 2.694 | 452 |
| LUGO | 22.416 | 842 | 2.377 | 3.750 | 13.050 | 2.397 |
| GALICIA | 231.628 | 6.504 | 35.662 | 37.571 | 128.150 | 23.741 |
| FEBREIRO 2010 | ||||||
| PACTO | 4.553 | 168 | 477 | 754 | 2.686 | 468 |
| LUGO | 22.477 | 820 | 2.385 | 3.750 | 13.019 | 2.503 |
| GALICIA | 234.171 | 6.450 | 36.073 | 37.853 | 129.358 | 24.437 |
| MARZO 2010 | ||||||
| PACTO | 4.570 | 164 | 464 | 775 | 2.693 | 474 |
| LUGO | 22.606 | 812 | 2.372 | 3.765 | 13.071 | 2.586 |
| GALICIA | 236.449 | 6.329 | 36.573 | 38.281 | 129.799 | 25.467 |






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



