FOZ .- A plataforma Queremos Galego comeza unha recollida de sinaturas na Mariña para presentar unha iniciativa lexislativa popular que ten como obxectivo a presentación dunha proposición de lei no Parlamento de Galiza que pretende anular o proxecto de Decreto de galego no ensino que elaborou a Xunta de Galiza e que pretenden aprobar antes de que remate o actual curso escolar. Queremos Galego recollerá sinaturas mañá no mercado de Foz das 11:00 ás 13:00h.
Nota de Prensa
A Plataforma recollerá sinaturas mañá no mercado de Foz das 11:00 ás 13:00h.
Queremos Galego comeza unha recollida de sinaturas na Mariña para presentar unha ILP
A sección mariñá da Plataforma Queremos Galego vai lanzar o Martes a campaña social de recollida de sinaturas para a presentación dunha iniciativa lexislativa popular que ten como obxectivo a presentación dunha proposición de lei no Parlamento de Galiza que pretende anular o proxecto de Decreto de galego no ensino que elaborou a Xunta de Galiza e que pretenden aprobar antes de que remate o actual curso escolar.
A plataforma cidadá considera un autentico escándalo a posición do goberno galego coa súa proposta lingüística na medida que a mesma está a xerar unha discordia no conxunto da comunidade educativa e da sociedade galega e tamén pola súa teimosía en tentar aplicar un decreto que xa recibiu o rexeitamento do Consello escolar de Galiza, máxima órgano de representación da comunidade educativa. Neste sentido desde Queremos Galego consideran un feito inédito que a Xunta pretenda introducir unha modificación lexislativa coa oposición deste organismo, pois tratase da primeira norma na historia de Galiza que se aproba no ensino coa oposición do Consello Escolar.
Queremos Galego na Mariña que o vindeiro Martes terá unha mesa para a recollida de sinaturas no Mercado de Foz entre as 11.00 e as 13:00h quere facer un chamamento a todos os mariñaos a que asinen e apoien esta proposta, pois está política lingüística só vai ser modificada desde a mobilización do conxunto da sociedade. Estamos certos de que a presión social vai facer inviábel a aprobación deste proxecto polo que é necesario unha resposta activa da nosa sociedade en relación coa política linguicida do Goberno Feixoó. Nesta dirección desta a plataforma cidadá agardan a mesma resposta e apoio dos mariñaos a esta nova iniciativa da plataforma, como nas que puxo en marcha anteriormente.
A Plataforma que engloba a máis de 50 colectivos da comarca vai levar adiante a recollida de sinaturas ao longo de todo este mes a fin de chegar aproximadamente aos 10000 mil apoios, tendo xa a esta altura repartido pregos, e recollidas sobre unhas 3000 sinaturas. Nesta liña é de destacar o importante apoio que esta a ter a ILP entre a comunidade educativa, volcada absolutamente no apoio a mesma, tanto no plano do profesorado, como dos pais e nais e do alumnado. Queremos Galego vai organizar recollidas públicas de sinaturas no conxunto das vilas da Comarca e tamén en eventos sociais como a Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto. No mesmo obxectivo anunciamos a todos aqueles e a todas aquelas veciñas que desexen prestar o seu apoio a iniciativa que se poñan en contacto coas asociacións que forman parte da plataforma para asinar esta ILP.
Xa por último desde Queremos Galego informamos que o vindeiro Sábado 17 de Abril vaise celebrar en Pontevedra un concerto de carácter nacional na que participarán 17 grupos da escena musical galega para expresar o seu rexeitamento ao decreto lingüístico da Xunta de Galiza. Os grupos que van participar no mesmo son do máis diverso e acollen unha ampla representación do mundo musical galego e entre eles atopanse formacións como Luar na Lubre, Berrogueto, Roi Casal, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Ruxe Ruxe, Uxía Senlle, Susana Seivane, Nordestinas, Tino Baz,….Aquelas persoas que desexen acudir a Pontevedra a este concerto que comezará ás 19:30 horas do sábado poden comprar a súa entrada por anticipado chamando aos telefones 982-140-654 ou ao 982 129-593. Neste sentido e dado que o aforo e limitado, é conveniente mercar as mesmas por anticipado para non quedar sen entrada. Na mesma liña queremos indicar que a máis dos telefones que vemos de referir as entradas atópanse a venda tamén en diferentes establecementos da Comarca podéndose consultar os nomes do mesmo na páxina web de Queremos Galego.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



