Nota de prensa
O GMPP burelés pide a chegada do gas natural á comarca e a Burela.
Pernas Chao e González Barcia afirman que a política de Zapatero pón en risco o desenvolvemento da comarca .
Os populares lembran que o gasoducto da Mariña debería estar concluido en 2008.
O GMPP de Burela vén de presentar unha moción “pedindo que de inmediato se adxudique a construcción do gasoducto da Mariña de tal forma que estea concluido en 2012 para poder proporcionar gas natural a industrias e particulares”.
Os concelleiros populares Pablo Pernas Chao e José María González Barcia suscriben esta moción, que lembra que “o gasoducto debería estar rematado, ou cando menos adxudicado, en 2008, pero a política económica e enerxética de Zapatero está condenando á comarca da Mariña en xeral e a Burela en particular a unha marxinación na subministración de gas natural, que merma e mesmo pón en risco o desenvolvemento socioeconómico”. E esto é así, segundo os dous concelleiros do PP, porque “a día de hoxe nada se sabe deste tema, que tén enorme importancia para as empresas que se asentan na comarca e máis concretamente en Burela”.
Os populares lembran que “a aposta polo gas como enerxía limpa e máis barata foi unha aposta do PP, tanto desde o goberno central, que elaborou o plan estratéxico 2002-2011, como desde o goberno da Xunta, porque a Xunta de Manuel Fraga apostou decididamente por este tipo de enerxía”.
Pernas Chao e González Barcia tamén indican que “as actuais infraestructuras gasísticas que temos en Burela débense a gobernos do PP tanto no concello coma na Xunta; pero a partires de aí, nada se fixo, o que nos preocupa, porque tampouco vemos ningún interés especial do bipartito burelés en axilizar estas cuestións”.
Os dous concelleiros populares finalizan a súa nota de prensa cun lamento: “o alcalde presume de que abren negocios, pero non pode presumir de axudar ás empresas a manter postos de traballo e de facilitar a súa actividade. Se tivera interés real, xa nos tería resoltas dúas dúbidas: cando chegará o gas natural a Burela, e por onde pasará a autovía Barreiros-San Cibrao”.


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



