Nota de Prensa
OS ARGUMENTOS DA CONCELLEIRA DE FACENDA DE CERVO PARA DEFENDER A XESTIÓN ECNÓMICA MUNICIPAL SERÍAN DE RISA DE NOS SER POLA SERIEDADE DO ASUNTO
Un goberno que non elabora orzamentos anuais tendo maioría suficiente para facelo nin e exemplar nin pode botarlle a culpa á oposición
Os nacionalistas lembraron que nos últimos dous anos as liquidacións aprobáronse con deficit de 1.677.000 e 267.000 euros respectivamente
Cervo, 18 de abril de 2010. Para o BNG a xestión económica do goberno local e un desastre por moito que a responsábel local de facenda poda dicir outra cousa. Os nacionalistas lembran que non houbo un só ano no que o PP presentara os orzamentos municipais nas datas correspondentes, e na maioría dos exercizos estes foron prórrogas de orzamentos anteriores xa que o goberno local a pesar de ter maioría suficiente para aprobalos nin se molesta en elaboralos. O mesmo se pode dicir da aprobación das contas xerais e liquidacións que sempre se fan fora de prazo e con resultados deficitarios consecutivos.
O feito de que ano tras ano as liquidacións ofrezan resultados negativos de tesourería non pode ser cualificado como exemplar.
Os nacionalistas cualificaron de desastrosa unha xestión económica que ofrece ano tras ano u resultado orzamentario negativo. Referíndose unicamente ás liquidacións orzamentarias dos últimos dous anos, analizaron que os resultados deficitarios das liquidacións de 2008 e 2009 con 1,6 e 267.000 euros de remanente negativo de tesourería da boa conta do desastre na xestión económica municipal. O Portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa manifestou que non houbo un so exercizo orzamentario dende que o PP está no goberno local no que o remanente de tesourería para gastos correntes fose positivo e que esta situación lastra ano tras ano os orzamentos seguintes
O goberno local ten dereitos pendentes de cobro por 5 millóns dos que 3,39 son de dubidoso cobro
Na mesma liña, Estúa fixo mención á mala xestión económica do Partido Popular ao referirse aos dereitos pendentes de cobro de exercizos pechados e correntes. O nacionalista argumentou que a liquidación do exercizo 2008 deixou á vista dereitos pendentes de cobro por importe por mais de 5 millóns de euros, que en moitos casos non se van poder executar e requiriu ao goberno local a súa depuración, tal como recomendaban os servizos de intervención municipal que cuantifica en 3,39 millóns as débedas de dubidoso cobro. “Estúa fixo mención a esta cifra ao cualificar de neglixente que o goberno local deixe escapar semellante recadación por non facer as xestións oportunas para o eu cobro e recalcou que o concello de Cervo non e pobre, e un concello cuns xestores económicos pobre e neglixentes.”
Botar a culpa de todos os males á oposición xa non cola despois de 11 anos no goberno
Os nacionalistas lamentaron que o goberno local siga botando as culpas da mala xestión económica a outros sen asumir nin en parte as responsabilidades propias cando levan 11 anos gobernando sen que os resultados económicos melloren. Estúa lembrou que nos anos das vacas gordas do urbanismo o goberno local dedicouse a dilapidar os cuantiosos ingresos en taxas por licenzas de construción e agora pretenden facerlle pagar á cidadanía a mal xestión deses anos mediante o incremento até o límite fixado por lei dos impostos directos e indirectos aprobados no Plan Económico-Financeiro.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



