RIBADEO (FNC) .- Unha parte da escola de Vilela será habilitada como albergue adicional de peregrinos en Ribadeo, grazas ao convenio asinado hoxe polo alcalde e o xerente da S.A. Xacobeo. As obras nas que se investirán 28.000 euros poderían estar listas a principios do verán. Por outra banda, Fernando Suárez amósase satisfeito co compromiso do Xacobeo para licitar antes de que remate o 2010 as obras de rehabilitación do antigo colexio das monxas na rúa Trinidade.
Desde Lugo o alcalde contou que “asinamos, penso que, un importante convenio para Ribadeo, singularmente para este ano santo e singularmente para que os peregrinos que chegan polo Camiño Norte ao seu paso por este concello teñan un lugar adicional para poder descansar aquí. Digo esto porque o albergue que temos no Cargadeiro ten só 12 prazas e facía falta de forma temporal, cando menos para este ano, habilitar outro espazo dado que o albergue definitivo que queremos para Ribadeo aínda non está en obras”.
Suárez Barcia explicou que “se vai habilitar unha parte da escola de Vilela para albergue transitorio e temporal durante este 2010. Faráse unha inversión duns 28.000 euros nas obras de acondicionamento: duchas, ampliación de servizos, colocación de contraventás no primeiro andar do edificio e despois o equipamento lóxico para que os peregrinos poidan durmir con comodidade”. Este albergue provisional terá capacidade para acoller a 34 persoas.
O rexedor tamén se congratulou do compromiso do xerente da S.A.Xacobeo, Ignacio Santos Cedrás, “teño unha moi boa noticia que quero resaltar e agradecer o compromiso do actual xerente da S.A. do Xacobeo, dado que se comprometeu a que neste ano 2010 se liciten por fin as obras de rehabilitación do albergue principal que Ribadeo debe ter, que xa foi conveniado na lexislatura anterior da Xunta e polo que se converterá o antigo colexio das monxas da rúa Trinidade nun auténtico albergue cunha capacidade importantísima en número de prazas para os peregrinos. Con esa licitación xa se poderían facer as operacións de apeo e de seguridade para evitar novos desplomes como ocorrido hai unhas semanas e que ese inmoble poida ocasionar perigos ou situacións de risco público. É de agradecer este compromiso e agora agardamos que se licite, que se adxudique a obra e que antes de que remate este 2010 xa teñamos unha parte importante de obra executada”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



