- O grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no “Encontro de Centros de Danza” que terá lugar este sábado, 26 de abril, na capital lucense
Durante a xornada matutina recibirán clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno. Xa pola tarde, ás 19.30 horas no Auditorio Fuxan os Ventos, o grupo de danza da EMMeD subirá ás táboas xunto cos demais centros convidados, no que será o peche desta xornada de confraternidade.
- O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio, organizará en maio un curso gratuíto para adultos que desexen iniciarse na música
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982 560 486.
- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este xoves na presentación da Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito), declarada de Interese Turístico de Galicia, que se celebra o 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila López e que conta co apoio da Xunta
A organización estima que se porán á venda unhas 18.000 filloas ao longo do día. Este ano ofreceranse tamén ao público filloas sen glute e haberá degustacións do produto acompañado de crema de cacao, nata ou mel. Unhas 145 persoas colaborarán durante toda a xornada para celebrar a festa, impulsada pola mesma comisión organizadora da Moexmu 2025.
- O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, realizaron este xoves unha visita ao recinto do Festival Independente de Vilalba, que dará comezo o venres coa súa 19ª edición, e que traerá dous días de música indie con artistas de renome
A Deputación achega 50.000€ ao Concello de Vilalba para a organización deste evento. O festival, que agarda recibir este dous días a milleiros de persoas, contará con artistas de renome como Varry Brava, Joe Crepúsculo, Shinova, León Benavente e The Rapants, entre outros. Pablo Rivera destacou a importancia do evento, que se celebra desde 2008, e subliñou que “o FIV é unha cita consolidada no panorama musical da comarca e da provincia, e desde a Deputación queremos continuar a apoiar este evento cultural, que tamén repercute positivamente na economía local”.
- Co gallo do Día do Libro, o Concello de Cervo anima a participar nun certame de creatividade dirixido ás crianzas e tamén ás persoas adultas
As crianzas de 3 a 6 anos, poden facer o seu marcapáxinas orixinal. As crianzas de 7 a 11 anos, deben continuar o relato que se inclúe no cartaz. As persoas de 12 anos en diante, poden escoller entre contar unha anécdota familiar ou seguir a historia que aparece no cartel. O prazo remata o 30 de abril para presentar os traballos a través do correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683315939.
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.
- Alfonso Villares en San Cibrao
O conselleiro do Mar asistiu ao xantar da III Festa das Xeracións na carpa da Praza dos Campos.