XOVE .- A entidade Xovense asociación de mulleres Bolboretas celebra durante este ano o seu vixésimo aniversario con diversas actividades entre as que se atopa unha exposición na que pretenden mostrar o traballo feito pola asociación e polas socias
Nota de Prensa
BOLBORETAS CELEBRA O SEU XXº ANIVERSARIO CUNHA EXPOSICIÓN
A Asociación Xovense “ASOCIACIÓN DE MUJERES BOLBORETAS” celebra este ano 2010 o seu vixésimo aniversario, para o cal prepararon, como feito máis relevante, unha exposición XXº ANIVERSARIO – 1.990/2.010.
Na citada exposición pretenden mostrar o traballo feito pola Asociación, e lóxicamente polas socias, ao longo destas dúas décadas, traballos saídos, moitos deles, de cursos, obradoiros, etc. Ao longo deste tempo foi moito o realizado, polo que non foi fácil realizar a montaxe. Entre os numerosos obxectos expostos, temos traballos de: arte floral, cestería, bolillos, patchwork, coiro, tiffany, óleo, cerámica, ….
A Exposición vai desenvolverse na Sala deExposición da Oficina Municipal de Turismo de Xove dende o 22 ao 29 de maio. A mesma vai estar aberta tódolos días de 17:00 a 20:00 horas, e o mércores 26 e o sábado 29 vai abrir tamén pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.
A inauguración da Exposición vai ter lugar o venres 21 de maio ás 20:00 horas (8 da tarde) na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, estando invitados á mesma numerosas persoas, autoridades municipais e outros.
A organización desta Exposición corre a cargo da Asociación Bolboretas, para o cal contou coa colaboración do Concello de Xove.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



