VIVEIRO .- O sábado 22 de maio ás 20:30 h., na Igrexa Conventual das Concepcionistas Franciscanas de Viveiro, celebrarase un concerto da Coral “Torreblanca” de León. Fará a presentación da Coral leonesa, a Coral anfitriona “Alborada” de Viveiro.
A coral que nos visita, toma o seu nome ““Torreblanca” do palacio que é sé da Sociedade patrocinadora e que o é á súa vez da Coral, a Sociedade Cultural e Deportiva “Novo Recreo Industrial” da cidade de León.
A súa composición, mixta, está integrada por 40 voces das cales, unha boa parte dos seus compoñentes, entre eles o seu Director Luís Mendaña Balsa, proven do escindido Coro San Marcos desta cidade, co que, ao longo dos seus 20 anos de actividade, ofreceron multitude de concertos en diversas localidades da xeografía española e tamén doutros países, como os realizados en Lisboa (Portugal), en Loreto (Italia), en Vilnius (Lituania), en Tokio, Kioto, Fujinomiya, Kawachinagane Hikone (Xapón), en Bos Aires, Mar do Prata, Tandil e A Prata (Arxentina) e en Cidade do Leste (Paraguay).
Baixo a nova denominación e novo patrocinador, esta coral interveu en varias celebracións de carácter relixioso, así como na clausúra da ‘Gala do Deporte’ celebrada en León; en outubro de 2007 participou no segundo Trofeo Internacional Coral de Malgrat de Mar (Barcelona).
Animamos a todo aquel que lle guste a música coral a pasar un intre agradable oíndo aos nosos veciños leoneses cun variado repertorio.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



