O humor sempre estivo asociado á estupidez, á cultura popular, á arte menor, á bufonada cruel e sen contido. ¡Nada máis elevado e culto que unha profunda e densa traxedia!
Na nosa comarca temos un claro exemplo de diferencia de apreciación e afecto que teñen as festas profanas, enténdase entroido e derivados e a Semana Santa.
Este prexucioso concepto que prospera aínda nos nosos días, provén do fondo dos séculos, xa que antigamente críase que expresar gran xúbilo era un pecado ou un signo de pouca prudencia. Durante centos de anos viviuse moi pendente das normas puritanas e represivas, sendo primordial que, tanto as damas como os cabaleiros, se amosases serios e recatados. A gargallada era cousa de borrachos ou de putas. Na cama prohibíase todo tipo de exhibicionismo ou manifestación de afecto, pois a cópula estaba destinada só a concibir fillos, polo menos para as crases pobres, os ricos era outro cantar. Polo que pensar en rir ou gozar era practicamente un delito.
Podería dicirse que as mulleres foron as máis prexudicadas neste aspecto, xa que creceron coa convicción imposta de que o pracer era só para os homes, ou corrían o risco de ser chamadas “mulleres alegres”. Con todo, hoxe en día este prexuízo afecta por igual aos dous xéneros. O home que esaxere o seu xestualidade ou cometa o descoido de amosar as súas cualidades humorísticas con certa frecuencia, será considerado un paiaso (coma se a tenrura e a vivacidade dun clawn fose un insulto ou unha minusvalía). Aínda que no territorio da intimidade xa non se opine que os xemidos ou as risotadas sonoras son propias de persoas vulgares, no ámbito público aínda opera o pensamento coercitivo. Así que, as señoras decentes e os homes de proveito, optan por expresar o máis discretamente posible a súa alegría e pracer desbordantes. Quizaves porque a risa é contaxiosa, pero demasiada felicidade podería provocar envexa…
Aínda que a risa é fundamental en todas as facetas da nosa costosa vida, a represión vai opacando a graza dos nenos ata fabricar grandes xentíos de adultos aburridos, hipócritas, solemnes ou decididamente avinagrados. Vaise instalando nos nosos corpos a idea de que para ser grandes e exitosos é necesario madurar, reter os sentimentos coma se fosen esfínteres e rir moderadamente para non pasar por tolos inmaduros.
E aquí aparece outro prexuízo, amplamente difundido, que intenta asociar o humor coa tolemia. Por exemplo: pode un rirse dun malferido, dun enfermo terminal, de alguén que sofre o fame e a pobreza? Sen dúbida que si. Todo pode facerse no territorio da perversión e a crueldade humana, pero o humor, aínda o máis negro deles, ten raíz na parte máis sa do individuo.
Isto é como preguntarse se os debuxos ou poemas que crean os enfermos mentais no peche dos manicomios son obras de arte ou simple catarse. Un tolo pode ser artista?.
Sucede que, no momento da creación, o tolo conecta coa realidade, válese de palabras ou trazos expresivos porque, nese instante, logrou saír do sufrimento patolóxico que o acurralaba, do horror que implica o alleamento, e consegue sacar a relucir a súa parte máis sá. Cando o tolo crea, cando o demente recupera o seu sentido do humor, deixa de estar tolo. Polo menos nese breve instante de conexión pracenteira.
Moitos confunden e idealizan a mestura entre tolemia e arte. Con todo, non hai nada demasiado eloxiable e expresivo na tolemia. E basta recordar os nosos propios momentos de neurose ou depresión, ou visitar un manicomio , para darnos conta de todo o que ten de dor, illamento e humillación a demencia verdadeira.
E vostede de que se ri? Parece que mostra a cara de algún comveciño noso.
O humor, a capacidade de rir ata da nosa propia traxedia, son antídotos máis que obvios que derruban esa alienación insoportable á que nos somete todo sistema opresivo. De alí que actualmente se realicen con tanto éxito ?talleres da risa? como unha nova forma terapéutica. Con todo, hai trampas que tende o humor a aqueles incautos que se deixan arrastrar pola súa propia frivolidade ou por pura soberbia. A ironía utilizada sistematicamente como crueldade cara aos máis débiles, deixa de ser un recurso intelixente para transformarse nunha mostra de solapada covardía.
Poño un exemplo recente: O meu alcalde fixo unha rolda de prensa para insultarme e ocorriuselle chamarme “personaje”, dado que a definición de tal nome e: “Persona que, por sus cualidades, conocimientos u otras actitudes, destaca o sobresale en una determinada actividad o ambiente social. celebridad, personalidad.”Ou tamen “Ser ficticio, inventado por un autor, que interviene en la acción de una obra literaria o de una película” mais ainda “Sujeto de distinción, calidad o representación en la sociedad.” E “individuo sobresaliente de cualquier actividad o ambiente social” e por ultimo “ ser de ficción que forma parte de la acción en una obra literaria o cinematográfica” vese claramente que o que me chamou o señor alcalde co ánimo de mofa e befa e digno de unha boa gargallada e demostra que o noso alcalde non sabe facer a O cun canuto, que non sepa facer, e eu convertido nun persoaxe con fervente sentido do humor, que como sempre empeza por rirse dun mesmo.
O mesmo sucede con aqueles que conseguen rir a forza de ocultar os seus males ou as problemáticas sociais e políticas. A súa expresión de contento parécese ao que algúns chaman “a risa do aforcado”. Ese xesto final que se apodera dos axusticiados segundos antes de pasar a mellor vida, esa cínica mueca baleira.
O humor é o sexto sentido. E, aínda que se dispoñan de todos os recursos propios da ignorancia ou a negación conformista, será imposible conseguilo na súa cálida e plena beleza. A gargallada xurdirá alí onde menos lla espera, interrompendo discursos, falsedades, hipocresías e amargas risotadas de hiena. Porque por máis que se intente inxectarnos ese infame optimismo postmoderno, non todo o estúpido é alegre, nin toda alegría estupidez…
Otero Regal















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



