CERVO .- O grupo de Goberno do Concello de Cervo quere saír ao paso das afirmacións vertidas de socialistas e nacionalistas sobre o desenvolvemento dos actos do Día do Xubilado.
As criticas destes dous grupos políticos -os cales non fan máis que enorgullecerse dos logros presuntamente acadados polos seus partidos noutros concellos que non son aos que din pertencer- afirmando que a intervención da delegada territorial da Xunta de Galicia no acto do día do Xubilado era propia dun mitin político demostran, ao noso entender, a súa incapacidade de percibir a realidade na que viven e o lonxe que están dos problemas dos veciños.
En primeiro lugar temos que afirmar que a pesares do que eles din, nos non escoitamos nin percibimos ningún tipo de malestar nin criticas dos participantes do Día do Xubilado pola intervención da delegada territorial. Sen embargo, e ao parecer, a estes señores doeulles escoitar certas verdades que desgraciadamente son constatables por calquera persoa que teña dereito a percibir axudas da Lei de Dependencia, coma era o caso de moitas da xente que asistía a esta celebración.
Desgraciadamente eles -os cidadáns con dereito a este tipo de axudas e prestacións- non viven no “País das Marabillas” no que están asentados dende hai anos nacionalistas e socialistas; por iso, cumpre lembrarlles que a día de hoxe, o Estado débelle á Xunta de Galicia máis de 200 millóns en materia de Dependencia.
Isto foi o que alí se dixo por parte da delegada territorial da Xunta, pero segundo parece, aos presuntamente membros da oposición do noso municipio non lle gusta ouvir estas verdades, feito este que denota ben ás claras o seu carácter partidista e de defensa do pensamento único das súas formacións políticas ao que xa nos teñen acostumados.
Pensamos que as verdades non teñen porque ofender a ninguén, sobre todo cando se trata de algo que afecta a tanta xente, aínda que para PsdeG e BNG este sexa un dato sen importancia que non debería ser coñecido polas persoas que se están vendo afectadas por este estrangulamento económico perpetrado dende o Estado coa conivencia de nacionalistas.
Dende o grupo de Goberno local queremos facer un chamamento a estas dúas formacións políticas para que deixen a súa teima de criticar sistematicamente todo canto se fai dende o Concello de Cervo e deixen traballar a quen quere facer algo por este municipio.
Se realmente quixeran facer algo por este municipio tiveron tempo dabondo para demostralo cando contaron con opcións de Goberno e, sen embargo, o que fixeron foi xestionar servizos para outros concellos, tal e coma eles mesmos afirman publicamente. Exemplos da etapa bipartita da Xunta coma a construción da Residencia da Terceira idade de Viveiro -posta como modelo de xestión do único concelleiro nacionalista- ou o respaldo público dos socialistas de trasladar o Parque de Bombeiros comarcal a Viveiro -a pesares de votar a favor un acordo plenario solicitando que se construíra no noso concello- son a mostra inequívoca da súa inexistente implicación e nulo compromiso cos veciños e veciñas de Cervo.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



