CERVO .- A concellería de Medio Ambiente de Cervo, programou acto de sensibilización e divulgación do programa de compostaxe doméstico que está previsto poñer en marcha no municipio coa colaboración de Sogama. Será o xoves, 13 de maio de 2010 as 20 horas no Salón de Actos da Casa do Concello
O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UN ACTO DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE O COMPOSTAXE DOMÉSTICO
* O seu propósito é informar dos pormenores desta iniciativa aos veciños interesados en participar no programa que a concellería de Medio Ambiente porá en marcha nos vindeiros días
Cervo, 11 Maio de 2010.- A Concello de Cervo, a través da súa concellería de Medio Ambiente, ten previsto organizar o vindeiro xoves, 13 de maio de 2010 as 20 horas no Salón de Actos da Casa do Concello, un acto de sensibilización e divulgación do programa de compostaxe doméstico que está previsto poñer en marcha no municipio coa colaboración de Sogama.
O acto consistirá na presentación pública e na divulgación por parte dun técnico da empresa de enxeñaría de sistemas medioambientais, Ingesyma, sobre este proxecto de compostaxe doméstico a instaurar no noso termino municipal en virtude do acordo asinado con Sogama, e do que tamén forman parte os concellos de Alfoz, Trabada, Barreiros e Lourenzá.
Segundo indicou a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, a pretensión desta charla informativa é que os cervenses interesados en participar nesta iniciativa “poidan coñecer os pormenores da mesma, así como os beneficios que traerá consigo e o proceso a seguir para a transformación da materia orgánica en compost”, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan.
Así mesmo, a responsable da área medioambiental municipal adiantou que se aproveitará a ocasión para insistir na necesaria colaboración cidadán no sistema de recollida selectiva das distintas fraccións de residuos, “contribuíndo con isto a a alcanza-los obxectivos finais deste programa: redución da produción de refugallos e incremento dos porcentaxes de material desviado aos centros recicladores”.
Por último, informar tamén que ao remate do acto aqueles interesados en adherirse a dita experiencia poderán formalizar a súa inscrición. Neste senso, hai que lembrar que continúa aberto o prazo para que os veciños e veciñas interesados en participar neste programa de reciclaxe doméstica formalicen a súa solicitude nas oficinas municipais no Concello, ou na Casa de Cultura de San Ciprián.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



