A MARIÑA (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, e as concelleiras de Medio Ambiente de Burela, Lucía Bouza, e de Viveiro, María Loureiro, foron a Madrid para recoller o Premio Bandeira Verde co que foi distinguido cada un dos citados concellos.
Burela é o único Concello de Galicia premiado nas cinco modalidades da Bandeira Verde, algo polo que se amosa moi satisfeita a concelleira de medio ambiente.
Horacio Cupeiro agradece a veciños e traballadores de Medio Ambiente o esforzo realizado para conseguir a Bandeira Verde da que só disfrutan 74 concellos en todo o Estado.
A bandeira verde é un galardón que entrega a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes aos municipios en recoñecemento á súa labor medio ambiental.
Notas de Prensa dos concellos de Burela e Ribadeo
—– Burela
BURELA É O ÚNICO CONCELLO DE GALICIA PREMIADO NAS CINCO MODALIDADES DA BANDEIRA VERDE, ALGO POLO QUE SE AMOSA MOI SATISFEITA A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE.
Madrid, 7 de maio de 2010. Burela é o único Concello de Galicia premiado nas cinco modalidades da bandeira verde, que hoxe recollía en Madrid a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza.
A edil socialista suliñou que “é a primeira vez que conseguimos as cinco estrelas da bandeira verde e ademáis somos o único Concello galego en logralas, polo que estamos dobremente satisfeitos e animados en Burela para seguir traballando no cuidado do noso medio ambiente e renovando ano tras ano este galardón da FUCI”.
Bouza recoñeceu “o traballo realizado ao longo do ano polos traballadores do departamento de Medio Ambiente, limpeza viaria, xardinería, etc… xa que sen o seu esforzo esto non sería posible”.
—– Ribadeo
HORACIO CUPEIRO AGRADECE A VECIÑOS E TRABALLADORES DE MEDIO AMBIENTE O ESFORZO REALIZADO PARA CONSEGUIR A BANDEIRA VERDE DA QUE SÓ DISFRUTAN 74 CONCELLOS EN TODO O ESTADO.
Madrid, 7 de maio de 2010. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, recolleu hoxe en Madrid a bandeira verde que lle concedeu un ano máis a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI).
O edil nacionalista amóuse satisfeito por este recoñecemento e sinalou que “hoxe que recollemos tres das cinco modalidades da bandeira verde quero felicitar aos veciños, aos traballadores de Medio Ambiente e ao axente de Sostibilidade polo esforzo prestado para conseguir este galardón do que só poden disfrutar tan só 74 concellos. Agradecer á FUCI o esforzo de convocarnos na participación de loitar polo medio ambiente sostible e polo consumo responsable”.
Cupeiro dixo que a bandeira verde “comprométenos ainda máis para seguir loitando de forma digna por defender que nos concellos os cidadáns disfruten dunha boa calidade de vida”. O responsable de Medio Ambiente tamén tivo palabras de felicitación “aos once concellos galegos que lograron esta distinción e concretamente ao de Burela por conseguir as cinco estrelas do premio”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



