A MARIÑA .- Barreiros, Burela, Cervo, Foz e Ribadeo, atópanse saíndo dun inesperado temporal de choiva tras unha fin de semana de verán. Tamén choveu copiosamente, con menos virulencia, no resto dos concellos de A Mariña nos que tamén houbo inundacións e desprendementos. Entre tanto o grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias instalouse en Barreiros “para minimizar as incidencias”; o conselleiro de Presidencia visitou A Mariña, tamén o presidente da Deputación, órgano que aportou un dispositivo de 40 operarios e 20 vehículos.
A travesía de Covas, en Viveiro, quedou cortada ao trafico nunha sola dirección e desviouse polo paseo marítimo, pola tarde en ambos sentidos. Desbordouse o río de Covas e en Viveiro o río dos Foles, inundou o asilo e a travesía na zona da estación de autobuses e a oficina de turismo.
En Xove houbo corrementos de terras das obras da vía rápida que cortaron temporalmente a estrada da costa.
En Cervo desbordouse o río Xunco e a estrada da costa, a altura de Espiñeirido, estaba totalmente inundada por mor da choiva e das obras que se están executando dende fai anos.
Rúas de Burela transformáronse en ríos, así Eijo Garay e O Río convertéronse en inesperado cauce. Inundáronse baixos comerciais, cortáronse estradas, e os accesos a vila semellaban lagoas. Susupenderonse as clases nos colexios e na escola infantil.
En Ribadeo tres mulleres tiveron que ser rescatadas para evitar que quedasen illadas en A Ponte. A situación foi especialmente complicada nese lugar e tamén en Covelas, A Devesa e Arante.
En A Pontenova desbordouse o río Turía a altura do Mazo e cortou a estrada que no une con Taramundi.
En Barreiros o máis complicado foi en San Miguel, onde os baixos de varias casas sufriron inundacións. As brigadas traballan para restablecer o acceso a unha vivenda que quedou completamente derruído e os regatos ameazan con desbordarse.


























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



