NOTA DE PRENSA:
A resposta da Xunta as inundacions da Mariña foi rapida e eficaz, algo que lamentablemente non se pode dicir do goberno do Estado, aseguran dende o PP
* Os populares lucenses convidan a Ricardo Varela a explicar a sua implicación nas tramas que salpican o seu partido na vez de facer criticas absurdas a xestion da Xunta en Lugo
Lugo, a 26 de xuño de 2010.- O Partido Popular califica de desafortunadas as criticas realizadas polo secretario dos socialistas en Lugo Ricardo Varela sobre a resposta da Xunta os danos causados polas inundacións na comarca da Mariña e mais desafortunado ainda que tente botar fume sobre a sua implicación directa na denominada trama agraria ou a propia investigación xudicial aberta en Castro de Rei, no que o seu nome sae tamen a relucir, aludindo a unha irreal mala relacion entre o presidente da Xunta e o presidete do PP en Lugo.
Para o PP, Ricardo Varela desacreditase a si mesmo facendo criticas absurdas e faltas de peso e consideran que eralle mellor, dado que permaneceu desaparecido e moi silencioso en asuntos de gravidade e de gran transcendencia para el mesmo e o seu partido e sobre as que, dada a sua responsabilidade e implicación, deberia ter dado as pertienentes explicacions, que continuara no seu retiro e evitara enredar en cuestions que non se sostentan.
Para malas relacions, apuntan os populares, as existentes entre o ex presidente Emilio Perez Touriño e o seu sucesor Manuel Vazquez e que xa trascendeu o ambito privado para converterse en publica e notoria. Touriño non so rexeita a oposición que esta a promover Vazquez senon que se laia de que lle negaran a oportunidade de despedirse da militancia socialista e dos propios organos de direccion do partido.
RESPOSTA RAPIDA E EFICAZ.
No que atinxe as criticas contra Xunta polas inundacións da Mariña, dende o PP aseguran que actuouse con rapidez e eficacia e proba delo e que hai xa aprobado un decreto de axudas urxentes por importe de preto de cinco millóns de euros.
Resaltan que xa na noite do día 9 de maio existía un operativo despregado na Mariña en apoio dos servizos de emerxencia dos concellos, coordinado pola delegada provincial da Xunta en Lugo, o director xeral de Emerxencias e Interior e outros responsables da administración autonómica. Un operativo que un dia despois pasou a dirixir o propio conselleiro de Presidencia, unha visita á que seguiron, nos días posteriores, as dos titulares de Medio Ambiente e Mar e do propio presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo.
Unha resposta axeitada e inmediata que, segundo o PP lucense, contrasta coa do goberno do Estado, na que a titular do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño Elena Espinosa, ademais de chegar unha semana despois a zona e protagonizar un feito lamentable coa ocupación do helipuerto do hospital da Costa, non foi quen de cuantificar a axuda que se ia destinar a paliar os danos causados polo temporal e o no ultimo consello de ministros so se iniciou o proceso de avaliacion das axudas a conceder.
Ademais a Xunta, segundo puntualizan, xa acometeu obras urxentes de reparacion en infraestructuras hidraulicas e leitos fluvias mentres que o Goberno central ainda non actuou en moitas das praias afectadas pese a ser da sua competencia e inciarse a temporada de veran.
Critican asimemo a negativa da administración provincial e nacional a secundar a proposta feita pola Xunta de coordinar os traballos de reparacion dos desperfectos coa creación dunha comision na que estiveran presentes as tres administración implicadas, o que, o seu entender, denota que para os socialistas pesa máis o interese partidista que a resolución dos problemas ós que se enfrontan os concellos e, por conseguinte, os seus veciños. Unha colaboración que, segundo suliñan, faise mais necesaria nun momento no que a crise económica obriga a restrinxir o máis posible o gasto, incluso en casos imprevistos como este que, pola gravidade das súas consecuencias, require unha resposta e unha intervención inmediata por parte de todas as institucións implicadas.
HOSPITAL DE REFERENCIA.-
No que atinxe o novo hospital de Lugo, indican que, por moito que lles pese os socialistas, foi un goberno do PP o que artellou a sua construccion e sera tamen un goberno popular o que o poña en marcha, convertindoo nun referente da sanidade publica non so en Galicia senon en todo o Estado, cun equipamento de vanguardia a pesares de que o anterior goberno bipartito non deixara consignacion orzamentaria para elo.
Insisten dende o PP que, a diferencia do PSOE, o Partido Popular esta comprometido coa provincia de Lugo e os seus veciños e asi se demostra dia a dia coa xestion impulsada dende a Xunta polo presidente Nuñez Feijoo.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



