Nota de Prensa
APROBADA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA IMPULSAR A LOUSA COMO MATERIAL DE CUBERTA DAS EDIFICACIÓNS EN GALICIA
– A deputada socialista Carmen Acuña advertiu que a crise económica está afectando este sector “con notables efectos sobre o emprego e provocando unha serie ameaza para a subsistencia destas comarcas do interior e do rural galego ata o de agora vivas e prósperas”
– Lembra que dende o Grupo Parlamentario Socialistas solicitamos insistentemente ao Goberno de Feijoo “medidas específicas de apoio para este sector que sofre a crise dobremente”.
– Explica que as limitacións, polas que protesta o sector, convertese nalgún casos en prohibición absoluta de utilización da lousa como material de cuberta, sen motivación algunha
Santiago, 24 de xuño de 2010. A deputada do PSdeG-PSOE Carmen Acuña interveu hoxe na Comisión 2ª para defender unha proposición na que reclamou que no trámite da aprobación dos planeamentos municipais se extreme o exame sobre as limitacións que poidan conter en canto a utilización da lousa como material de cuberta das edificacións, que recomende aos concellos de Galicia en proceso de revisión do seu planeamento a que na súa normativa urbanística non inclúan disposicións contrarias á utilización da lousa como material de cuberta, e que informe adecuadamente aos concellos deste acordo. A inciativa foi aprobada por unanimidade.
A deputada socialista presentou esta inactiva por mor das constantes queixas da Asociación Galega de Pizarristas (AGP), no que atinxe as limitacións que algúns planeamentos municipais incorporan na súa normativa respecto ao uso da lousa como material de cubrición das edificacións.
Na súa intervención Acuña subliñou que España é o primeiro país do mundo da lousa cun volume de exportación que sobrepasa 80% das lousas extraídas e elaboradas, e Galicia é a primeira Comunidade Autónoma do Estado español en producción da lousa cunha cifra próxima ao setenta por cen da producción nacional. Relatou que a producción e transformación da lousa nas comarcas productoras: Valdeorras, Quiroga, Mondoñedo, Fonsagrada, Ortigueira, é o motor da súa economía e o maior xerador de emprego, tanto directo como indirecto e inducido
Así as cousas a deputada advertiu que a crise económica está afectando este sector “con notables efectos sobre o emprego e provocando unha serie ameaza para a subsistencia destas comarcas do interior e do rural galego ata o de agora vivas e prósperas”, asegurou. Nese senso lembra que dende o Grupo Parlamentario Socialistas solicitamos insistentemente ao Goberno de Feijoo “medidas específicas de apoio para este sector que sofre a crise dobremente”.
Acuña explica que as limitacións, polas que protesta o sector, convertese nalgún casos en prohibición absoluta de utilización da lousa como material de cuberta, sen motivación algunha. Di que esta restriccións excedénse do contido normativo da lexislación vixente, na que apunta que “a única limitación para o uso dos materiais das cubertas é en relación coa harmonización coas construccións tradicionais existentes. É dicir, a existencia, a coexistencia, tradicional dos materiais empregados, a protección da paisaxe e o medio ambiente, e sempre referidas a edificacións situadas no solo rústico e de núcleo rural.”, aseverou.
A deputada ourensá asegura que sorprende que algúns planeamentos municipais prohiban a utilización da lousa en todo o termo municipal. Xa que relata que estas determinacións afectan á esfera local e se encadran dentro das potestades discrecionais da administración en materia de planeamento urbanístico, non debemos esquecer que tal discrecionalidade non pode ser arbitraria, requiríndose a motivación de tales decisións. Motivación que segundo puidemos constatar brilla habitualmente pola súa ausencia.
Con estes argumentos replica que xa que “Galicia é o primeiro productor mundial deste materia, e considerando a importancia do sector na economía galega, resulta difícil de entender as limitacións que se impoñen a súa utilización alleas, ademais, ao ordenamento urbanístico vixente”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



