Diríxome a vostede para recordarlle o que lle dixen no seu despacho do concello de Barreiros, aló polo mes de xaneiro de 2009 e o que lle manifesto no escrito que lle emito por rexistro de entrada no concello o dia 9 DE MARZO DO 2009…., Señor alcalde Fuente Parga, teño a impresión de que vostede nin escoita nin di a verdade. Pedinlle como veciño pagador dos meus impostos e como emprendedor, a dotación de servizos básicos ao barrio onde resido e onde teño o meu negocio, servizos coma alumeado público, pavimentación das rúas, saneamento e fixación de contedores de lixo. Non fai falla que lle diga que resulta difícil sacar a diante unha industria na que a parte de ter que desprazarse o rural os meus clientes para acceder a ela teñen que sortear as dificultades dun camiño deteriorado e por enriba sen alumeado público, nin fai falla que lle diga que nos sentimos inseguros mais aínda nos tempos que corremos onde os roubos a negocios están a orde do dia, e para colmo de todo isto hai mais de tres anos que as rúas dispoñen duns puntos de luz que non alumean. Creei catro postos de traballo estables que manteño con moitas dificultades, non faga mais dura a subsistencia da miña empresa e mais nos tempos que corren.
Ademais teño que dicir que lle pasa coma o can do hortensia…”nin traballa nin deixa traballar” ou era “nin come nin deixa comer”. Boa falla nos fai que se acolla a dedicación exclusiva porque a ollos vistos está, que hai moito que facer, e o que está feito ten moito que desexar. Póñase mans a obra e deseñe un plan turístico, faga algo mais por este marabilloso concello de Barreiros cheo de recursos desaproveitados. Por que Barreiros é moitísimo mais que un mantel de menú do dia: onde plasman unhas rutas de sendeirismo, catro fotos de praias ou unha guía de teléfonos. Non digo que están mal digo que son insuficientes. Porque Barreiros ten cultura propia, festas, tradicións, artesanía, un envidiable patrimonio paisaxístico e xente con moito que dicir. A hostalería do concello, cada vez mais afogada necesita axuda pero unha axuda dinamizadora do medio e para o medio, dotar de mobilidade os visitantes para romper ese turismo estacionario, que comunique a zona das praias co centro e sur do concello, ¡será por empresas de transporte! Ou é que non sabe que as hai. A aseguranza permanente do subministro de auga, sobre todo na época estival. Da recollida de lixo non hai queixa, pero si do caso omiso que fan das miñas peticións sobre a fixación dos contedores. Estamos cansos a miña muller e eu de recoller a merda estrada polos campos que sae dos contedores cando caen pola forza do vento, e ese traballo é gratuíto señor alcalde é de sentido común. Porque sen estas premisas malamente se poderá dar un servizo de calidade e con garantías, polo menos dar un pouco de boa imaxe.
Atenda a todos os veciños e non veciños por igual porque tanto dereito teño eu a ter servizos públicos, coma os que teñen a súa segunda residencia en Barreirose e disfrutan todo o ano do alumeado público entre outros. Xa que o concello non fai os deberes… que saiba que me parece ben que apoie iniciativas privadas para a obtención por parte dos veciños os servizos públicos. Pero mire ben a quen apoia non o deixen en evidencia…
Faga o que queira e que non lle pareza mal pero pídolle que abandone a demagoxia e ese triunfalismo populista no que vive e dicir “O seu mundo”, preocúpese de verdade polos veciños porque non o está a facer, nin lle importa a situación na que vivimos unha importante cantidade deles, impórtanlle mais polo que se pode ver as grandes promotoras. Deixe de politízalo todo porque si vou o concello reclamar o que teño dereito non quer dicir que sexa eu a oposición, pero tampouco se crea vostede o dono do concello… non esqueza que a soberanía a ten o pobo, e sexa un veciño mais porque o final cando un ten problemas de quen antes bota man e dos veciños.









A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



