No salón de plenos do concello de Xove celebrouse a entrega de diplomas aos alumnos da Escola Municipal de Maiores, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. A Escola de Maiores arrancou este curso en outubro do pasado ano cun total de 40 alumnos, todos do Concello, con idades comprendidas entre os 60 e os 82 anos. Durante o Curso, a máis das clases presenciais, nas que traballaron as diferentes materias académicas (lectura, escritura, cálculo,…), realizaron dúas saídas culturais a concellos cercanos. A Escola de Maiores cumpre tamén unha función social dado que propicia a reunión dos seus participantes, o cal lles proporciona benestar e mellora na súa calidade de vida, favorecendo tamén a comunicación e a convivencia.
Entrega de diplomas na Escola de Maiores en Xove
Entrega de diplomas na Escola de Maiores en Xove
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder