A MARIÑA .- O comité de empresa da cooperativa Os Irmandiños manifesta apoio e total adhesión á Plataforma en defensa da sanidade na Mariña e anuncian que “acudiremos e fomentaremos entre os traballadores e traballadoras da nosa empresa, a presenza masiva na Manifestación que esta convoca para o sábado 26 de xuño en Burela”.
COMUNICADO DE PRENSA
Dende o Comité de Empresa de “Os Irmandiños S.C.G.” queremos manifestar o noso apoio e total adhesión á “Plataforma en defensa da sanidade na Mariña.”
Consideramos inaceptable que se desmantelen servizos sanitarios da nosa comarca así como que se merme a calidade asistencial aos mariñáns e mariñás por recortes orzamentarios na Xunta de Galicia. Non é de recibo que en vez de avanzar, asentar e incluso mellorar os servizos que se nos prestan na asistencia primaria coa paralización do “Plan Mellora” que se suma á parálise nas dotacións tanto materiais como de servizos para o Hospital da Costa que atenden a mais de 72.000 persoas dos 14 concellos da área Sanitaria, estes se vexan recortados e ameazados coa centralización da xestión sanitaria en Lugo, en aras dunha suposta austeridade que noutros ámbitos non se ve, e que por riba teñamos que ser os pacientes os que teñamos que asumir, en constantes viaxes a Lugo, os custes económicos, en tempo e en molestias que esa nova política sanitaria da Xunta xenere.
É inadmisible que teñamos que ser, unha vez máis, os cidadáns de pe, os traballadores e as traballadoras as que teñamos que pagar os pratos rotos dunha crise que nos non provocamos.
É por isto que, ademais de adherirnos á Plataforma, acudiremos e fomentaremos entre os traballadores e traballadoras da nosa empresa, a presenza masiva na Manifestación que esta convoca para o sábado 26 de xuño en Burela.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



