BURELA (FNC) .- O Concello de Burela comezou as obras de pavimentación de beirarrúas e a instalación do alumeado público na Avenida da praia de A Marosa, unha actuación que suporá un investimento de máis de 42.000 euros achegados entre o Concello, Deputación de Lugo e Estado, dentro do Plan de Obras e Servizos de 2009.
Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech, “esta obra supón o inicio da resolución ás necesidades desta zona, xa que a rúa é o acceso principal á zona deportiva (campos de fútbol e pistas de tenis) así como á praia de A Marosa e ao paseo marítimo, cunha alta afluencia de viandantes”.
O edil socialista sinala que “as obras a realizar consisten na execución de beirarrúas nun dos laterais da avenida mediante soleira de formigón en dous tramos de 239 e 109 metros respectivamente e dotarase de baldosa hidráulica de cemento acabado superficial en releve. En todo o tramo, farase así mesmo a canalización correspondente para a instalación de alumeado público, que unirá once arquetas e bases de báculos previstos para a iluminación do vial”.
Pascual Doménech engade que “esta actuación enmarcase dentro da mellora de infraestructuras e equipamentos públicos, premisa básica para esta Delegación de Obras e Servizos, e así imos dando resposta, dentro das nosas competencias, ao crecemento do concello e á necesidade de manter a rede viaria en bo estado”.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



