A MARIÑA .- A corporación de O Vicedo aprobou por unanimidade a iniciativa que defende unha xerencia integrada na Mariña e non un xerente executivo de carácter representativo. No Valadouro aprobouse por maioría a iniciativa promovida pola plataforma e o apoio do concello do Valadouro á mobilización do día 26 de xuño. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña agradece o apoio das corporacións municipais
Nota de Prensa
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña agradece o apoio das corporacións municipais do Valadouro e O Vicedo ás súas demandas acordado nos plenos do luns e da mañá de hoxe
No Valadouro aprobouse por maioría a iniciativa promovida pola plataforma e o apoio do concello do Valadouro á mobilización do día 26 de xuño
A corporación do Vicedo aprobou por unanimidade a iniciativa que defende unha xerencia integrada na Mariña e non un xerente executivo de carácter representativo
A Mariña, 16 de xuño de 2010. A Plataforma na defensa da Sanidade Pública da Mariña continua sumando apoios ás súas demandas, nesta ocasión dende o ámbito institucional cos acordos dos plenos das corporacións do Valadouro e O Vicedo, o pasado luns e na mañá de hoxe. Para a portavocía da plataforma e satisfactorio e de agradecer os acordos adoptados pr estas dúas corporacións que no primeiro caso apoiaron maioritaria e integramente a moción promovida pola plataforma que no caso do Vicedo contou co apoio unánime da corporación a unha xerencia integrada única na Mariña e non un xerente de carácter representativo.
E unha satisfacción ver que por riba do ámbito partidista está a defensa dos intereses sanitarios dos veciños e veciñas da Mariña.
Para a plataforma e moi satisfactorio ver como por riba dos intereses e consignas partidarias, pódense ver actuacións como a do Vicedo, onde a corporación por unanimidade apoiou a creación dunha xerencia integrada única na Mariña que evite a perda de servizos sanitarios na comarca. Dende a plataforma agradeceron a posición da corporación do Vicedo que non fai mais que defender os intereses dos seus representados que son os veciños e veciñas do Vicedo e por extensión os do conxunto da comarca, debería ser o exemplo a seguir por parte do resto de corporacións nas que aínda están pendentes de celebración plenos extraordinarios para debater esta proposta.
A plataforma tamén agradeceu o apoio da corporación do Valadouro que por maioría aprobou o conxunto das demandas incluídas na moción promovida pola plataforma polo que ademais das demandas sobre a mellora dos servizos, infraestruturas, persoal e dotacións dos servizos sanitarios tanto en asistencia primaria como especializada, esta corporación apoia a mobilización social que se celebrara o próximo sábado 26 de xuño en Burela.
Os puntos de acordo da moción promovida pola plataforma van a favor dos intereses da Mariña non en contra de ningún partido político.
Para a portavocía da plataforma debe quedar claro que no seu interese non está ir en contra de ningún partido político, a todos se lles convidou a formar parte dela, “neste colectivo están integradas asociacións que defenden intereses veciñais formadas por persoas de moi distinto signo político”. O traballo do colectivo limítase a defender o interese do conxunto dos veciños e veciñas da comarca diante dunhas decisións da Consellaría de Sanidade que promove un modelo de xestión sanitaria que vai en contra duns servizos sanitarios de calidade e próximos á cidadanía que obrigarán de saír adiante a retrotraer a esta comarca a tempos pretéritos.
As demandas da plataforma incluídas na moción que xa foi trasladada ao conxunto dos alcalde s da comarca e será defendida mediante a convocatoria de plenos extraordinarios por PSOE e BNG e tamén no Parlamento galego propón os seguintes puntos de acordo:
1.- Unha área de Xestión Integrada Única propia da Mariña.
2.- Unha aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación real do Hospital da Costa e número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de do cadro de persoal e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Especializada.
3.- Un xerente de Area Integrada Única de Burela e non un Xerente Executivo que sería unha mera figura representativa.
4.- Que o Pleno da Corporación exprese o seu apoio á manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa para o 26 de xuño ás 12:00 horas.
5.- Que do presente acordo se dea traslado ó Presidente da Xunta de Galicia, á Conselleira de Sanidade, así como os grupos políticos con representación na cámara galega.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



