RIBADEO (FNC) .- A Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Ribadeo e co IES Dionisio Gamallo Fierros organizan a cuarta edición do curso de verán sobre educación infantil da Mariña que se celebrará en Ribadeo os días 3 e 4 de setembro. A inscrición está aberta ata o vindeiro 31 de agosto, o número de prazas é de 100 e ten créditos de libre configuración, segundo destacaban o coordenador, Xesús Ferreiro, e a concelleira de Educación, Mariluz Álvarez Lastra, na presentación que tivo lugar este mediodía no salón de plenos do Concello. Os interesados en obter máis información poden conseguila na páxina web da propia universidade ou no CIM de Ribadeo.
Page 1
IV CURSO TEMÁTICO DE VERÁN SOBRE EDUCACIÓN
INFANTIL DA MARIÑA
Espazos e tempos na escola infantil
Venres 3 de setembro
17:00-17:30 horas
Acreditación das/os asistentes
17:30-18:00 horas
Apertura do curso
Representante da UDC
Representante da Xunta de Galicia.
Director do IES Dionisio Gamallo Fierros.
Alcalde do Excmo. Ribadeo.
18:00-19:30 horas
Relatorio.
LINA IGLESIAS FORNEIRO, mestra de educación
infantil e doutora en ciencias da educación. Prof.
Dpto Didáctica e Organización Escolar da USC-
Escola de Formación do Profesorado do Campus de
Lugo.
Requerimentos e deseño dos espazos na escola
infantil.
19:30-21:00 horas
Contacontos musicado.
ANTÓN CASTRO R., mestre e músico. Membro do
grupo Fuxan os Ventos.
Sábado 4 de setembro
9:30-10:45 horas
Relatorio.
CARMEN LORIGA TOMÉ. Mestra (especialidades
de Ciencias e Pedagoxía Terapéutica) e licenciada en Psicoloxía.
Profesora de Intervención
Sociocomunitaria no Centro Integrado de FP Ánxel Casal-A Coruña
As rutinas diarias como nexo e contributo á
estruturación espazo-temporal na escola 0-3.
10:45-12:00 horas
Relatorio.
MARTA SOMOZA MEDINA, arquitecta do concello
de Allariz, con experiencia en urbanismo e
organización e formación sobre espazos.
PABLO OTERO RODRÍGUEZ “PEIXE”, artista
plástico, ilustrador infantill.
A concepción dos espazos da escola infantil.
12:00:12:30 horas
Pausa-café
12:30-14:00 horas
Relatorio.
GUSTAVO QUINDIMIL. mestre de Educación
Infantil. Director da E. I. de Oza-A Coruña
A creación do ambiente educativo na escola 0-3.
16:15-17:45 horas
Mesa redonda.
CONCEPCIÓN LÓPEZ LÓPEZ Mestra e directora
da Escola Infantil 0-3 de A Fonsagrada-Lugo
TERESA QUELLE, Mestra e directora da Escola
Infantil 0-3 de Burela-Lugo
Mª JOSÉ VARELA, Mestra e directora da Escola
Infantil 0-3 de Antas de Ulla-Lugo
GUSTAVO QUINDIMIL. mestre de Educación
Infantil. Director da E. I. de Oza-A Coruña
A escola 0-3: cuestión de tempos, cuestión de
espazos.
17:45-19:15 horas
Relatorio.
CONCHA SANCHEZ BLANCO, doctora, especialista
en educación infantil. Profra. do Dpto de Pedagoxía e
Didáctica da UDC
Ambientes para a convivencia e a igualdade en
educación infantil
19:15-19:30 horas
Clausura
Concelleira de Muller, Educación e Cultura do
Excmo. Concello de Ribadeo.
20:00 horas
Representación Teatral no Auditorio de
Ribadeo
________________________________________________
DIRIXIDO A: Mestres/as Diplomados/as e Estudantes de Maxisterio,
Técnicos/as en E. I. ou en Xardín de Infancia, Alumnado do Ciclo de Grao
Superior en E. I., Auxiliares Coidadores/as de Escolas Infantís, Persoal de SS
SS
HORAS: 15
INFORMACIÓN E MATRÍCULA:
Universidade Da Coruña. Oficina de Cursos, Casa do Lagar,
campus de Elviña, teléf. 981 167 000 ext. 1963 // de luns a venres de 10:00
a 14:00 h.
occocc@udc.es
http://www.udc.es/occ
INFORMACIÓN CONCELLO DE RIBADEO:
Auditorio de Ribadeo. Centro de Información á Muller.
Teléfono 982 120 739 // cim@ribadeo.org
INFORMACIÓN IES GAMALLO FIERROS:
Teléfono 982 128 098
ies.dionisio.ribadeo@edu.xunta.es.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Salón de actos do IES Dionisio Gamallo Fierros de
Ribadeo.
PRAZAS: 100
DIRECCIÓN:
Xesús Ferreiro Núñez. IES Dionisio Gamallo Fierros
SECRETARÍA:
Mª Dolores Candedo Gunturiz (UDC)
Luísa González Rodríguez (Concello de Ribadeo)
ORGANIZA:
Universidade da Coruña
Dpto. de Servizos Socioculturais e á Comunidade. IES Dionisio
Gamallo Fierros de Ribadeo
Concellería de Muller, Educación e Cultura. Excmo. Concello de
Ribadeo
COLABORA:
Xunta de Galicia
Fondo Social Europeo.
Secretaría Xeral de Igualdad





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



