Nota de Prensa
González Barcia reunirase o vindeiro día 24 coa Conselleira de Traballo e Benestar.
Asegura que o bipartito burelés non tén ningún interés pola gardería.
O portavoz popular falará coa Beatriz Mato dos posibles usos da Casa do Mar.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que o vindeiro xoves, día vintecatro, manterá unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, para tratar vairos temas relativos a Burela que directamente de Mato. A reunion terá lugar á unha da tarde na sede da Xunta en San Caetano.
González Barcia abordará dous temas fundamentais con Beatriz Mato: a posibilidade de facer unha nova gardería ou ampliar a existente, e a remodelación e utilidade da Casa do Mar.
Sobre a primeira cuestión, González Barcia, que recoñeceu a existencia de lista de espera na gardería de Burela, manifestou que o bipartito burelés non fixo nada en tres anos. “O propio bipartito burelés recoñece, nun informe que nos entregaron no pleno do pasado venres, que xa en 2007 había lista de espera, e tamén en 2008. Pero o curioso é que non moveron nin un só dedo coa Xunta bipartita”.
Igualmente, e sobre este mesmo asunto, González Barcia asegurou que “na consellería non consta ningunha petición de entrevista formulada polo concello de Burela para tratar sobre este asunto”. Polo tanto, afirmou Barcia, “limitáronse a mandar o acordo plenario do pasado mes de Decembro, esquecendo a nosa petición de facer un estudio sobre as necesidades para a gardería, ben na Casa do Mar, ben con outro edificio. Se eles non son quen de falar coa conselleira para abordar este tema, terá que facelo o PP”.
Barcia considera que “o bipartito non tén ningunha vontade clara de abordar unha nova gardería ou unha ampliación da actual, porque no seu momento xa lle puñeron pegas a construcción da actual, tamén lle puñeron pegas á ampliación, e xa non digamos á apertura da ampliación. Se tivese vontade de buscar unha solución, xa tería enviado estudios á Xunta e mesmo solicitado entrevistas, e tamén, no caso de que non os recibisen, protestado airadamente na prensa”.
Outro tema que Barcia tén previsto tratar con Beatriz Mato é a utilidade que se lle pode dar á Casa do Mar. Barcia considera que o edificio está infrautilizado, que tén deficiencias derivadas da súa antigüidade, pero que é un edificio que pode ser útil. Non hai moito tempo, o PP de Burela remitiu á Consellería de Traballo e Benestar a súa opinión sobre os fins que se lle podían dar a este edificio, fins que pasan todos eles por usalo para servicios sociais.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



