Nota de Prensa
Segundo o PP os únicos intereses que moven á plataforma sanitaria son políticos, porque están a seguir as directrices marcadas por PSOE e BNG nun asunto tan serio como é o futuro da sanidade pública que está totalmente garantido
OS POPULARES SUBLIÑAN QUE NINGÚN GOBERNO ESTIVO TAN COMPROMETIDO CO HOSPITAL DA COSTA COMO O QUE LIDERA ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
* Os veciños non se deixan enganar e outorgan a máxima credibilidade ás palabras do Presidente da Xunta e da Consellería de Sanidade que garanten a autonomía, os investimentos e máis competencias para o xerente de Burela.
* Os populares non comprenden como é posible que a plataforma convoque unha concentración baseada en hipóteses de futuro mentres que non fai o propio polos recortes sociais e orzamentarios impostos por Zapatero que implican a inmediata reducción de soldos e precarización dos traballadores da sanidade.
A Mariña, 2 de xuño de 2010.- Ningún alcalde do Partido Popular participou na convocatoria da plataforma sanitaria tras ter constatado nos últimos meses que os únicos intereses que moven a este colectivo son políticos e, máis en concreto, seguir as directrices marcadas por socialistas e nacionalistas que pretenden xerar unha falsa polémica nun asunto tan importante como é o futuro da sanidade pública comarcal, que está totalmente garantido.
Para o PP os únicos que parecen non ter clara a aposta do novo Goberno de Galicia pola autonomía e independencia da área sanitaria da Mariña son as 9 ou 10 persoas que onte participaron nesta convocatoria e que son maioritariamente destacados dirixentes do PSOE e do BNG. Os populares están convencidos de que os veciños non se deixan enganar e outorgan a máxima credibilidade aos compromisos reiterados tanto polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, como por distintos cargos públicos da Consellería de Sanidade. Nelas, ademais de adiantar investimentos millonarios para a mellora do Hospital, explicaron que a nova xerencia non perderá ningún tipo de competencias, todo o contrario, incorporará a xestión sobre os centros de saúde da comarca que antes dependían de Lugo. Os populares se preguntan se a plataforma está en contra de que A Mariña gañe poder de decisión ao respecto do sistema sanitario público e non comprenden como poden rexeitar que sexa desde A Mariña desde onde se xestionen a totalidade dos recursos económicos, de persoal, prestacións e servizos que se ofrecen polo SERGAS na nosa comarca.
MÁXIMO COMPROMISO DA NOVA XUNTA
No Partido Popular cualifican de escenificación teatral os actos que están a desenvolver desde a plataforma sanitaria infundindo falsos temores na cidadanía, cando os feitos demostran todo o contrario: Non existe un Goberno máis comprometido coa mellora do Hospital da Costa que o que preside Alberto Núñez Feijóo.
Finalmente os populares volven a facer un chamamento ao conxunto dos colectivos cidadás e veciños da comarca para que non se deixen intoxicar polos falsos augurios que predican desde plataforma sanitaria que pretende convocar unha manifestación preventiva, baseada nunha desconfianza fronte a nova Xunta pola única razón de que está a ser xestionada polo Partido Popular. Aquí solo hai política de por medio, e o que hoxe demandamos á plataforma sanitaria e que teñan a valentía de dicir claramente que está é unha manifestación contra o PP.
NON SE MANIFESTAN POLO RECORTE DE SOLDOS
De feito desde o Partido Popular non logran comprender como é posible que a plataforma sanitaria se manifeste sobre hipóteses de futuro negadas reiteradamente pola propia Xunta e en cambio non o fagan por feitos totalmente corroborados, como é o recorte social e orzamentario que está a impoñer o PSOE e que implica, entre outras cuestións, a precarización e redución do salario de todos os traballadores do sistema público de saúde, persoal médico, de enfermeira, celadores, administrativos, etc.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



