Nota de Prensa
O reparto dos folletos sobre sanidade foi realizado por afiliados e simpatizantes do PP de Cervo, con distintas ocupacións profesionais e sempre fóra do seu horario laboral, facendo uso lexítimo da súa liberdade
ESTUA INTENTA “ENSUCIAR E DESPRESTIXIAR” AOS MILITANTES DO PP CANDO PRECISAMENTE EL PERCIBE UN SALARIO DE 24 MIL EUROS ANUAIS DA DEPUTACIÓN “PERO TRABALLA NA SEDE DO BNG DE FOZ”
A Mariña, 23 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Cervo quere clarexar que o reparto dos folletos que esta formación política está a distribuír para dar conta das mentiras que emprega a plataforma sanitaria sobre o Hospital da Costa, se realiza de xeito exclusivo por militantes e simpatizantes desta formación política, que en uso da súa liberdade deciden colaborar co partido do que forman parte.
Os encargados da distribución do folleto polas vivendas teñen distintas ocupacións profesionais, algún deles trallaba no Concello de Cervo pero en todo caso, é cómpre subliñar este feito, desenvolveron esta tarefa fóra do seu horario laboral, -máis en concreto, no día de onte, a partir das 20.30 horas-.
Os populares lamentan que o voceiro nacionalista teña actitudes tan sectarias e antidemocráticas como as que se desprenden das súas acusacións, pois dalgún xeito, pode parecer que o BNG limita o dereito de participación política ás persoas en función de cal sexa o seu posto de traballo. Desde o PP insisten en que fóra do seu horario laboral, cada quen é libre de colaborar co partido político, asociación e colectivo que lle pete.
ESTUA COBRA DA DEPUTACIÓN DE LUGO E TRABALLA NA SEDE DO BNG
No PP de Cervo consideran especialmente rechamante que a persoa que vén de denunciar esta situación –o voceiro nacionalista Xoán Antón Estua- é precisamente o menos indicado para falar deste asunto, xa que precisamente el está a percibir máis de 24 mil euros anuais sufragados directamente pola Deputación de Lugo, -insistimos directamente do organismo provincial- todo a pesar de que é publico e notorio que o seu posto de traballo o desenvolve desde a sede do BNG de Foz.
Os populares entenden que o que ten que explicar non só aos veciños da Mariña senón ao do resto da provincia esta situación é o propio Xoan Antón Estua que está a recibir un salario público para facer un traballo partidista, exclusivamente político e ademais en dependencias alleas ás da Deputación provincial. Máis de 70 mil euros de fondos provinciais –nos últimos tres anos- para beneficio do BNG.
Segundo os populares cervenses aquí é posible aplicar o refrán de “pensa o ladrón que todos son da súa condición” e como Éstúa está a empregar o seu posto de traballo como empregado público para facer política, intenta ensuciar e desprestixiar a outras persoas e partidos que cumpren de xeito escrupuloso o seu traballo, e que colaboran con partido no que militan no seu tempo libre, fóra do horario laboral.



















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



