A presentación dun libro é sempre un feito gozoso, sobre todo para quen gustan da lectura, pois saben que todo libro que chega ás súas mans é unha xanela aberta ó mellor coñecemento da vida e polo tanto unha oportunidade para enriquecer, en extensión ou profundidade, ou ambas á vez, a bagaxe dos seus saberes. Así o expresou o intelectual e diplomático James R. Lowel: “cultivade ante todo a lectura pois non hai placer tan barato, tan inocente e remunerador coma o goce positivo e cordial que produce o ler”. O vindeiro día 19 vai ter lugar en Mondoñedo a presentación do libro “Evolución y complicidad”. O seu autor é un coñecido intelectual mariñán, vello profesor que exérceo o seu maxisterio en institutos da bisbarra: Ribadeo, Burela, Mondoñedo… Alguen que non só viviu con paixón a función académica, senón que a súa traxectoria vital resulta estímulo e exemplo para a sociedade, especialmente para as novas xeracións, ás que él se esforzou en formar dende a súa cátedra de filosofía, á que chegou, sen apenas medios, polo vieiro do traballo, o esforzo, a honestidade e a armonía coa sociedade que a cotío o arrodeou. Esa é a grande lección de Pedro Rubal. A súa formación humanista e o talante dialogante, participativo, refrexivo, ponderado e imparcial fan del un mestre sempre en activo, do que nos beneficiamos os que, por razóns de amizade e relación, asistimos ás súas aleccionadoras conversas. Nado no medio rural, do que nunca quixo saír, forxou a personalidade inmerso na paisaxe e a paisanaxe que enmarcaron a súa experiencia vital; autodidacta, atopou nos libros os camiños que o conduciron ó dominio dos saberes intelectuais e humanos. Pedro Rubal, hai anos xubilado vive, coma sempre, a paz bucólica da bisbarra valadourense, na compaña inseparable de Carmen. Segue a ser o amante da lectura que foi sempre; o estudoso, o investigador. Este que ahora se presenta é o seu segundo libro, tras do exitoso “De Maquiavelo a Walrraff”. Ámbolos dous son traballos eruditos, rigurosos, de moi atractiva temática. O pobo de Alfoz recoñece a exemplar traxectoria do catedrático Pedro Rubal, seu veciño, e acaba de nomealo Fillo Predilecto. Parabéns.
Suso Fernández



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



