Preto de 70 alumnos do CEIP de Abadín e uns 80 alumnos de primeiro de ESO do IES Vilar Ponte de Viveiro participaron hoxe nas actividades do Centro Didáctico de RegalXunqueira baixo a dirección de Otero Regal. Os alumnos visitaron os museos de cerámica, coiro, obradoiros de Regal ceramica, participaron no trascurrir dos mesmos, e visitaron a exposición “Guernika: Unha educación para a paz”, con obras de Picasso, Quemado, Alejandro Burgos e Otero Regal. Esta actividade a que lle seguiran outros centros de toda Galicia forma parte do noso Proxecto de colaboración con Centros docentes de primaria e secundaria de cara a reforzar a premisa : Aprendendo a educar a través do arte.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



