LUGO .- A Xunta de Galicia investirá ata o ano 2013 máis de 87 millóns de euros para promover solo empresarial na provincia de Lugo. Neste orzamento incluense os parques empresarias de Viveiro Landrove, Valadouro-Alfoz e A Pontenova.
Nota de Prensa
Recorda que Xestur Lugo puxo á venda a principios deste mes as 114 parcelas da primeira fase do polígono das Gándaras, en Lugo
A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DE 87 MILLÓNS DE EUROS ATA O 2013 PARA DESENVOLVER 2,6 MILLÓNS DE METROS DE SOLO EMPRESARIAL NA PROVINCIA DE LUGO
* O conselleiro de Medio Ambiente subliña que na actualidade só existen 284.000 metros de solo dispoñibles en toda a provincia
* O investimento total executado por Xestur para o desenvolvemento da primeira fase do parque empresarial de As Gándaras superou os 33 millóns de euros
* A previsión da Xunta é rematar as obras desta primeira fase do polígono empresarial no último trimestre do ano
Santiago, 17 de xullo de 2010.- A Xunta de Galicia investirá ata o ano 2013 máis de 87 millóns de euros para promover 2,6 millóns de metros cadrados de solo empresarial na provincia de Lugo. Este orzamento se distribuirá entre os parques empresarias que promove o Goberno galego, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo e Xestur Lugo, como son: As Gándaras (1ª fase), Pacios-Baamonde, Viveiro, Muimenta (1ª fase) Pontenova, Meira, Becerreá (2ª fase), Palas de Rei (2ª fase) Valadouro-Alfoz e Taboada, entre outros.
Así o manifestou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante a visita ás obras de urbanización do Polígono das Gándaras, onde estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e o director do IGVS, Antonio Boné.
Hernández destacou que na actualidade na provincia de Lugo existe un volume de solo empresarial promovido pola Xunta de Galicia de 3,1 millóns de metros cadrados que, polo tanto, se incrementará nun 84% ata o 2013.
Tamén sinalou que o volume de solo empresarial que nestes momentos está en venda na provincia de Lugo é de 284.000 metros cadrados (o 15% da superficie lucrativa), o que significa que hai unha necesidade real de solo empresarial.
| SOLO EMPRESARIAL A DESENVOLVER 2010-2013 | ||
| CONCELLO | PARQUE EMPRESARIAL | SUPERFICIE TOTAL |
| COSPEITO | MUIMENTA (AMPLIACIÓN) | 150.881 m2 |
| BECERREÁ | BECERREÁ (FASE 2) | 20.122 m2 |
| MONFORTE | PORTO SECO (1ª FASE) | 100.000 m2 |
| PALAS DE REI | PALAS DE REI (2ª FASE) | 22.038 m2 |
| TABOADA | TABOADA | 85.979 m2 |
| LUGO | AS GÁNDARAS (1ª FASE) | 876.049 m2 |
| BEGONTE | PACIOS-BAAMONDE | 1.062.151 m2 |
| VIVEIRO | LANDROVE | 130.446 m2 |
| ALFOZ-VALADOURO | ALFOZ-VALADOURO | 118.375 m2 |
| MEIRA | MEIRA FASE 2 | 80.000 m2 |
| PONTENOVA, A | PONTENOVA FASE 2 | 30.000 m2 |
| 2.676.041 m2 | ||
As Gándaras
O conselleiro de Medio Ambiente constatou o ritmo das obras de urbanización da primeira fase do polígono empresarial de As Gándaras, no que a Xunta dispuxo unha inversión de máis de 33 millóns de euros, que xa ten executado o 70% dos traballos, polo que afirmou que no último trimestre de 2010 as obras poderán estar rematadas.
A modo de resumo explicou que foi necesario mover máis de dous millóns de metros cadrados, que se empregaron case na totalidade para a construción dos terrapléns. Por outro lado, a terra vexetal empregarase na urbanización das zonas veredes perimetrais. Engadiu que para a adecuación do polígono tamén foi necesario definir a reordenación da sección viaria da rúa das Comunicacións, a conexión exterior de abastecemento e de enerxía eléctrica.
No caso das actuacións de saneamento é de obrigadas necesidade instalar un sistema de evacuación das augas de choiva e residuais recollidas e xeradas no parque. Deste xeito, na Conca do río Rato proxectouse a instalación dun tanque de tormentas de 1.200 metros cúbicos, unha balas de retención natural –para evitar o asolagamento nas proximidades ao Rato) e un colector de conexión co interceptor xeral.
Por outra banda, na conca do Río Fervedoira tamén se instalou un tanque de tormentas de 600 metros cúbicos e un colector de conexión co colector secundario do Río Fervedoira para a condución cara a Edar.
Destacou que o parque empresarial das Gándaras forma parte das propostas incluídas no Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais e ten unha superficie bruta de 2.135.512 metros cadrados, que estarán distribuídos en 237 parcelas.
O solo desenvolvido na primeira fase actualmente en execución ascende a 876.049 metros cadrados cunha superficie lucrativa duns 382.000 metros cadrados que se distribúe en 114 parcelas. O resto da superficie destínase a viarios e aparcamentos, zonas verdes e outros equipamentos comúns.
Concurso de venda de parcelas
O conselleiro de Medio Ambiente lembrou que a semana pasada abriuse o prazo para a presentación de propostas para participar no concurso de venda de parcelas de solo empresarial na primeira fase do parque empresarial de As Gándaras (Lugo). As propostas poderán presentarse ata o próximo 14 de setembro,
En total póñense en venda 114 parcelas de uso industrial e comercial, cunha superficie total de 381.978,72 metros cadrados e unha edificabilidade de 393.911,69 metros cadrados. A superficie das parcelas do parque empresarial de As Gándaras oscila entre 675 e 33.000 metros cadrados e os prezos de venda están entre 95 e 120 euros por metro cadrado.
Conforme ao novo prego de condicións que se aplica para a venda de solo empresarial por parte do IGVS e as empresa públicas Xestur, os adquirentes poderán optar por fraccionar o pagamento do mesmo, de maneira que o 70 por cento do importe total da operación se poderá pagar nun prazo máximo de tres anos, a contar dende a sinatura da escritura pública de compravenda, mediante pagos mensuais garantidas mediante avais bancarios.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



