NOTA DE PRENSA
O GPPP afirma que o Innóvate chega tarde a algúns concellos gobernados polo Partido Popular
* Indican os populares que a Deputacion di que vai investir 300.000 euros por concello para dotalos da administración electronica cando na gran maioria dos concellos do PP que cita o bipartito provincial xa teñen instalado este sistema e supuxo un gasto que se situa entre os 9.000 e os 20.000 euros
* Os populares piden os responsables da Deputación que aclaren a que se vai adicar ese gasto e que respeten a autonomía dos alcaldes
Lugo, a 3 de xullo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou hoxe que os alcaldes do PP non responden a cuestións partidistas senon que traballan pola defensa dos intereses dos seus veciños, e esa defensa atende, entre outras cuestion e sobre todo nestes tempos, a criterios de austeridade e de axilidade na xestión.
Indican os populares que dende a Deputacion de Lugo afirmase que se van a gastar 300.000 euros por concello para dotalos da administración electronica cando na gran maioria dos concellos do PP que cita o bipartito provincial xa teñen instalado este sistema e supuxo un custo que vai dende os 9.000 ós 20.000 euros.
Como queda patente, a austeridade non é o principio que rixe na Deputación, xa que están a falar de 300.000 euros por concello e dun montante global de máis de seis millóns de euros, polo que cabe preguntarse a que se adican exactamente estes cartos. Lembran os populares que eles xa denunciaran a adxudicación do Innóvate por excluir a empresas lucenses e porque supoñia unha contía excesivamente elevada.
O GPPP asegura que a Deputación, co programa Innóvate, chega tarde a concellos con alcaldes do PP, que se adiantaron considerablemente á aplicación do programa da Deputación. Así, concellos coma Barreiros, Trabada, Alfoz, Valadouro, Ourol e O Vicedo, en breve terán totalmente operativa a administración electrónica. Caso tamén significativo é o de Xermade, que hai dous meses que xa dispon deste servicio. E o custo para estes concellos oscilou, segundo recalcan, entre os 9.000 e os 20.000 euros.
Outros concellos, coma os integrados na Mancomunidade da Terra Cha, xa teñen implantada a administración electrónica desde hai máis dun ano cunha subvención do Plan Avanza, cun custo que non foi superior a 20.000 euros por concello, e mesmo están facendo cursos de formación para a utilización desta ferramenta por parte dos seus funcionarios.
O GPPP acusou ó bipartito provincial de non respectar a autonomía dos alcaldes: os alcaldes demostraron neste asunto celeridade na xestión, porque hai que lembrar que a administración electrónica debería estar implantada por lei o pasado 1 de xaneiro do presente ano.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



