CERVO .- MariñaPatrimonio asegura que o concello de Cervo e o construtor non cumpren coas súas obrigas e informou ao servizo de patrimonio cultural sobre a caída dun muro nunha das vivendas do castro da Atalaia. Aseguran que cómpre que Patrimonio, construtor e Concello cheguen canto antes a un entendemento para que sexa posible comezar os traballos de recuperación e posta en valor deste importante xacemento.
Nota de prensa:
Concello e construtor non cumpren coas súas obrigas e Patrimonio entérase dos estragos producidos no castro da Atalaia, grazas á acción dos veciños e de MariñaPatrimonio.
MariñaPatrimonio informou o 28 de xuño de 2010 ao servizo de patrimonio cultural sobre a caída dun muro nunha das vivendas do castro da Atalaia por mor das intensas choivas rexistradas na pasada primavera.
Trala visita ao xacemento realizada polo arqueólogo da Xunta, a xefa de servizo de patrimonio cultural remitiunos un escrito onde se nos informa que “ o muro afectado pertence á vivenda mellor conservada” e que “ ao inundarse a zona debeu producirse o seu colapso”; engade ademais, e é o máis preocupante, que “non se pode descartar que o derrubo fose provocado(…) xa que unha das portas fora forzada e incluso depositárase escombro preto das estruturas arqueolóxicas”.
Dende a Dirección Xeral de Patrimonio instan ao Concello á “adopción de medidas que garantan que non se volva producir a entrada nos solares de xente non autorizada” e lembran que unha resolución desta Dirección Xeral obriga o contrutor “a adopción de medidas de protección, co tapado provisional dos restos arqueolóxicos”.
Estes feitos, derivados da meteoroloxía adversa ou pola acción imprudente dalgunha persoa, evidencian a vulnerabilidade do xacemento e o seu deterioramento.
MariñaPatrimonio apoia esta resolución do Director Xeral do Patrimonio Cultural posto que o tapado provisional é a medida máis acaída para protexer as estruturas das inclemencias climatolóxicas así como dos posibles desaprensivos. Asemade, esíxelle a Patrimonio un maior control do que suceda no castro, ao construtor que cumpra canto antes a resolución de Patrimonio e ao Concello que, tal e como recolle a Lei, tome as medidas cautelares necesarias para protexer este ben patrimonial .
Tendo en conta os beneficios que o castro da Atalaia lle pode proporcionar a San Cibrao, cómpre que Patrimonio, construtor e Concello cheguen canto antes a un entendemento para que sexa posible comezar os traballos de recuperación e posta en valor deste importante xacemento.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



