Nota de Prensa
O BNG convida á sociedade mariñá a participar dos actos do 25 de xullo, Día da Patria Galega
Os nacionalistas fletarán autobuses para acudir ao festigal organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre
Na Mariña están previstos actos en varias localidades arredor do Día da Patria
A Mariña, 8 de xullo de 2010. O BNG presentou hoxe en rolda de prensa ofrecida por membros da Executiva Comarcal a campaña do “Día da Patria Galega” na que anunciaron a celebración de actos en varias localidades da comarca para celebrar o “Día da Patria Galega” que terá como acto central a manifestación do día 25 de xullo nas rúas de Compostela e o http://www.festigal.com/ que un ano mais porá en escena os días 24 e 25 de xullo no Campus Universitario Sul de Compostela concertos, foros de debate cultural e político, galería audiovisual, espazo de animación, zona de xantar, feiras, etc. Para o que anunciaron a posta a disposición de autobuses e o teléfono 982140654 para anotarse.
Autobuses para acudir ao FESTIGAL e á manifestación do 25 de xullo en Compostela
O BNG presentou hoxe en rolda de prensa os actos de celebración do 25 de xullo “Dia da Patria Galega” nos que o nacionalismo galego conmemora actos pola afirmación da nosa identidade colectiva tal como quedou instaurado polas Irmandades da Fala en 1920. Os nacionalistas fan un chamamento a participar do conxunto dos actos que se celebrarán na comarca da Mariña e tamén nas datas do 24 e 25 de xullo no FESTIGAL e na manifestación que terá lugar en Compostela o 25 de xullo. Neste sentido expuxeron o conxunto dos actividades organizados para o FESTIGAL 2010 que se celebrará os días 24 e 25 no Campus Sul de Compostela e poden ser consultados na web http://www.festigal.com/ , entre os que destacaron os concertos, os foros de debate sobre cultura e política, galerías do audiovisual e o teatro, feira de artesanía, espazos de animación, café concerto, zona de xantar. O BNG anunciou a posta a disposición das persoas que queiran asistir poderán facelo en autobús anotándose no teléfono 982140654
Actos paralelos en diferentes localidades da comarca da Mariña
A Executiva Comarcal do BNG animou tamén a participar dos actos previstos pola organización na comarca da Mariña entre os días 10 e 31 de xullo. Os nacionalistas anunciaron actos en diferentes formatos que terán inicio o sábado 10 no Muíño do Almacén de Cervo cun mitin Festa no que intervirá o Deputado nacionalista no Congreso e Membro da Executiva Nacional, Francisco Jorquera ás 20.00hrs. O domingo 18 ás 14.00hrs. haberá un mitin xantar na área Recreativa de Sto. Estevo do Ermo en Barreiros no que intervirá o histórico dirixente nacionalista, Bautista Álvarez. O venres 23 de xullo ás 21.00hrs. na Praza das Rodrigas de Riotorto haberá un mitin cea coa intervención do membro da Executiva Nacional, Francisco Rodríguez.. O sábado 24 de xullo ás 14.00hrs. haberá un mitin xantar na área Recreativa da Fervenza de Mondoñedo, e no mesmo día celebrarse unha merenda mitin nos Xardíns Municipais de Viveiro que incluirá a actuación de Mini e Mero. Por último, aínda que poderían celebrase mais actos, pecharase cun acto comarcal no Porto de Foz o día 31 de xullo a partir das 19.30hrs. cunha chicharrada popular que contará coa intervención do Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vazquez. o mesmo día celebrarse ás 14.00hrs. un mitin xantar na área Recreativa do Monte Castelo en Burela.
O 25 de xullo, data emblemática para o nacionalismo galego
A Executiva comarcal recalcou a necesidade de participar nos actos do 25 de xullo, unha data emblemática para o nacionalismo galego, moito mais nun contexto no que o actual goberno do PP non ten reparos e atacar un dos sinais de identidade colectiva do pobo galego como e a lingua aprobando normativas como o decretazo do galego que retrotrae os dereitos lingüísticos á tempos preautonómicos. Na mesma liña criticaron o peche ao público do Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval para o que pediron a súa apertura e lembraron que o próximo xoves 15 de xullo organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=189 coa colaboración doutras asociacións e o apoio de mais de 200 colectivos culturais, celebrarase un cortexo cívico en conmemoración do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que tivo lugar o 25 de maio de 1891.

















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



