Nota de Prensa
O BNG DE FOZ CONSEGUE QUE O CONCELLO ALEGUE CONTRA AS DIRECTRICES DO TERRITORIO DA XUNTA
Basanta afirma que “o PP segue a discriminar a Foz e mándao a segunda división”
Foz, 23 de xullo de 2010.- O Bloque Nacionalista Galego de Foz conseguiu, na Comisión Informativa de Urbanismo celebrada onte, que o Pleno da Corporación alegue contra as Directrices de Ordenación do Territorio, actualmente en fase de aprobación inicial e en fase de alegacións, fundamentalmente para que Foz sexa considerada cabeceira do sistema urbano intermedio e para que se recoñezan os Núcleos de Identidade Litoral que non se contemplan nas directrices.
Os nacionalistas lembran que Directrices de Ordenación do Territorio establecen para Galiza as áreas metropolitanas articuladas arredor das sete cidades, o sistema urbano intermedio para os núcleos de entre 7.000 e 20.000 habitantes e os nodos de desenrolo para ás areas rurais. Neste sentido O Portavoz do BNG de Foz, Xoán Carlos Basanta, considera que “non é de recibo que se proceda a definir o Concello de Foz como subcabeceira do sistema urbano intermedio, cando as determinacións das Directrices asocia as mesmas aos nodos rurais, facendoo depender de Viveiro ou Ribadeo”. “Foz cumpre todos os requisitos para ser definido como cabeceira do sistema urbano intermedio por poboación, dimensión e densidade de poboación, ademais do feito de que se clasifique como subcabeceira significa –segundo o texto das propias directrices- que o noso Concello non poderá acoller servizos de carácter supramunicipal (P.Ex, un PAC) ou que a dotación de Vivendas de Protección Oficial ou solo empresarial estea condicionada as necesidades das cabeceiras da Comarca” afirmou o Portavoz do BNG quen criticou que outra vez máis “o PP na Xunta volve a discriminar a Foz e con esta decisión mándao a segunda división en canto a dotación de servizos”. Os nacionalistas esixen que a Xunta de Galiza aclare as razóns que levaron á Xunta a sencundarizar a Foz nas Directrices, que explique por que nas determinacións das mesmas se homologan os nodos e as subcabeceiras e demandan unha rectificación na consideración que se lle dá a Foz.
O Portavoz Municipal do BNG declarou que as Directrices de Ordenación do Territorio deixan ao descuberto as mentiras da Xunta en relación cos núcleos de identidade litoral e polo tanto a imposibilidade de usos residenciais en Vilaronte, Forxán (San Martiño), Fazouro, Nois e Cangas. Neste sentido, Basanta recordou que o “Sr Borobio comprometeuse cos portavoces dos grupos da corporación focega, cos redactores do PXOM e cos servizos técnicos do Concello a incluír Vilaronte, Forxán, Fazouro, Nois e Cangas como núcleos de identidade litoral a fin de que se puidese edificar tanto nas Directrices como no POL. Agora está claro que faltou a súa palabra, e isto ten difícil solución na medida que o POL ten que axustarse as directrices.” O Portavoz Nacionalista lembrou tamén que existe un acordo unánime da Corporación a fin de que se recoñezan estes núcleos e agarda que esta unanimidade se manteña de cara o futuro pois esta proposta hipoteca a posibilidade de usos residenciais fora do que é a Vila.” Primeiro desde a indiferenza afirmábase que o BNG alarmaba, cando tivo que exercer do Goberno e explicarlle aos veciños o POL, despois cando os redactores do PXOM nos deron a razón déronse por contentos coas explicacións de Borobio e hoxe as Directrices fan bos os temores do BNG”, lembrou Basanta que esixiu “responsabilidade e lealdade aos grupos da Corporación neste tema”.
A proposta presentada polo BNG e apoiada polo PSOE e o PP levárase ao próximo pleno a fin de que a Corporación alegue as Directrices no sentido de que Foz pase a ser considerada como cabeceira pero tamén para garantir que non se hipotequen os usos residenciais fóra do que é o casco urbano. Tamén se lles solicita ao redactores do Plan Xeral un informe técnico que avale esta desconsideración con Foz e que o poña no seu lugar.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



