O BNG RECLAMA UNHA OFICINA DA SEGURIDADE SOCIAL EN FOZ
Para realizar trámites como a tarxeta sanitaria os veciños teñen que desprazarse a Ribadeo, Mondoñedo ou Viveiro
Foz, 27 de xullo de 2010.- O BNG de Foz reclama para Foz unha oficina da Seguridade Social para sacar a tarxeta sanitaria ou calquera outro trámite administrativo que se teña que realizar neste organismo por parte dos veciños e veciñas do Concello.
O portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta, considera unha discriminación fóra de lugar que os veciños de Foz teñan que desprazarse máis de cincuenta quilómetros para realizar trámites que poderían facerse no propio concello e de forma inmediata. Segundo os datos manexados as persoas que anualmente se ven prexudicadas por esta situación podémolas cifrar en preto de mil. Estamos a falar de trámites como a solicitude da tarxeta sanitaria tanto para os novos usuarios (recen nacidos que teñen que incluírse na dos pais) como para aquelas persoas que cambian de réxime de seguridade social como os que se dan de alta ou baixa por acceso a un emprego, pensionistas ou viúvas que teñen que facer unha nova tarxeta. Pero tamén falamos de trámites que antes podían facerse en Foz como a solicitude da vida laboral que che daban no momento sen ter que desprazarte ou esperar máis de cinco días a que cha envíen, ou calquera outro trámite sobre afiliación, cotización e prestacións que teñan que ver coa seguridade social. Desde o BNG vemos incomprensible que tendo xa unha oficina da Seguridade Social na Casa do Mar non se poidan facer este tipo de xestións ou que alomenos non se habilite algún día do mes para facelas.
Segundo Basanta “é unha vergoña que Foz sexa nestes momentos un concello cunha falta de servizos públicos enorme, debido nin máis nin menos á falta de preocupación e de xestión por parte do actual goberno municipal de manter e traer novos servizos para Foz”. Sen ir máis lonxe, en Ribadeo por exemplo, aínda non tendo algúns servizos, o Concello conseguiu que para tramitar o carné de identidade ou facer a declaración da renda se despracen ata alí varias veces ao mes. Pero tamén son culpables as administracións galega e estatal que promoven unha política centralizadora e que está afastando cada vez máis os servizos dos administrados cos inconvenientes e gastos que esto supón.
Desde o BNG estamos convencidos que Foz non merece gobernantes que só se preocupan de ir de “supermans” diante da opinión pública cando os auténticos “supermans” son os veciños de Foz que para todo teñen que desprazarse máis de 50 quilómetros e soportar todo tipo de incomodidades e gastos para realizar simples trámites administrativos. Por iso, esiximos do grupo de goberno municipal que se poña mans a obra en conseguir a oficina da Seguridade Social para Foz tan demandada polos veciños e que tanto se necesita.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



