NOTA DE PRENSA
González Barcia reúnese con interesados para explicar a súa reunión co Director Xeral de Vivenda.
O portavoz popular afirma que o proxecto de renovación do teito das vivendas do Río está a piques de rematarse.
Comunica ós veciños das Casas Baratas que hai fórmulas para conseguir axudas importantes para rehabilitación de vivendas.
O portavoz popular José María González Barcia reuniuse hoxe con veciños das Casas Baratas, e tamén con residentes nas vivendas de O Río, para explicarlles o contido da reunión que mantivo o pasado luns en Santiago co Director Xeral de Vivenda da Xunta, Antonio Boné.
No que se refire ás vivendas de promoción pública da rúa do Río, Barcia confirmou que o proxecto está a piques de rematarse, tal e como lle indicou Antonio Boné. O proxecto contempla a renovación do teito, de fibrocemento, e unha partida para pintura. O popular tamén manifestou que é cedo para plantexar prazos de execución, ainda que as obras correrán a cargo da Xunta de Galicia na súa totalidade.
En canto ás Casas Baratas, Barcia reiterou por enésima vez que a Xunta bipartita non dispoñía de fondos para realizar as obras que anunciou nese barrio, obras que ademais non cumplirían a legalidade, xa que as vivendas están consideradas como libres en función da lexislación vixente. Pero adiantoulles ós veciños que hai mecanismos para conseguir apoio económico para as obras de rehabilitación das vivendas que pretenden realizar.
O portavoz popular explicoulles os camiños que existen para conseguir ese apoio económico, apoio económico que pode ser mui importante. Con todo, Barcia considera que “resula sospeitoso que o bipartito burelés teña tanto interés nas Casas Baratas, cando en realidade non fixeron nada; e resulta sospeitoso que se fale de reparar tellados de vivendas que legalmente son libres; segundo a teoría do bipartito, calquera comunidade de veciños podería pedir o mesmo con pleno dereito, é decir, que a Xunta pague todo, pero deso non se lembra o bipartito, que só se preocupou por este barrio, especialmente o BNG, como se o resto de Burela non existise”. Barcia fixo unha indicación: “o convenio co que se arranxaron as rúas e as aceras hai dous anos, foi asinado por un alcalde de Burela do PP e un conselleiro do PP, o sábado das festas de Burela de 2005, e foi o PP quen puxo en marcha o proceso das escrituras. A Xunta bipartita só aportou setenta mil euros en catro anos”.
González Barcia considerou “positivas e clarificadoras as reunións, para deixar perfectamente claro qué grupos políticos son os que enganan e usan temas tan sensibles coma a vivenda para facer política partidista e sacar rédito electoral, e qué grupos políticos son os que explican as cousas conforme á normativa vixente e se prestan a colaborar cos veciños para conseguir obxectivos”.
O portavoz popular lamentou que “ninguén do bipartito, nin o alcalde nin Nieves Cando, se teñen dirixido á Dirección Xeral de Vivenda para falar das vivendas da Rúa do Río e das Casas Baratas. Usan este asunto só para salir na prensa, pero non axudan a que os problemas se resolvan”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



