Nota de Prensa
“O TSXG acordou trasladar á Fiscalía a licenza sobre 200 vivendas outorgada cun informe de Patrimonio na súa contra por afectar á Igrexa de Covas”
O PP DE CERVO DI QUE FRANSICO LUIS RODRÍGUEZ GUERREIRO É A PERSOA MENOS LEXITIMADA PARA DAR LECCIÓNS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
* Sobre o ex-edil nacionalista de Viveiro recae imputacións xudiciais penais por ter outorgado licenzas de construcción de vivendas cos informes negativos da dirección xeral de Patrimonio (Consellería de Cultura) e da Comisión Territorial de Patrimonio de Lugo.
Cervo, 14 de xullo de 2009.- Os populares cervenses acusan ao presidente da asociación MariñaPatrimonio, o ex edil do BNG de Viveiro Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, de ser a persoa menos lexitimada para dar ningún tipo de leccións en materia de protección do patrimonio histórico cultural. Neste senso, os populares quixeron lembrar que sobre esta persoa recae unha imputación xudicial de índole penal precisamente polo outorgamento de licenzas de construcción de edificios con informes en contra dos técnicos municipais e contravindo incluso o parecer dos órganos autonómicos encargados da protección e preservación do patrimonio histórico e cultural.
O nacionalista Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, cando formaba parte da Xunta do Goberno municipal de Viveiro, autorizou o outorgamento de licenzas de construción de novos edificios que carecían dos informes preceptivos da Consellería de Cultura e, incluso, o que aínda é máis grave, en contra de informes negativos da Dirección Xeral de Patrimonio e da Comisión Territorial de Patrimonio na súa contra.
“Por estas circunstancias, resulta moi discutible e ata ridículo, que a persoa cuxo comportamento está a ser obxecto de investigación por parte da Xustiza, por canto pode ter incorrido en prácticas que o definirían como un agresor ao patrimonio histórico e cultural, veña agora dando leccións, consellos e acusando aos demais destas prácticas”-expoñen desde o PP
Os populares veñen a recordar que, tal e como se coñeceu nos pasados días, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na sentencia na que ratifica a anulación da licenza para a construción de 200 vivendas no lugar de Coído (Covas) acordou remitir á Fiscalía os feitos por si puideran ser constitutivo de delicto penal. As obras amparadas pola licenza afectarían á Igrexa de Covas.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



