Nota de Prensa
Emprázalle a que fale cos veciños, usuarios do porto e comerciantes para que coñeza as súas verdadeiras necesidades e non faga caso da información que lle transmiten desde o equipo de Goberno
Balseiro afirma que Rego está “fóra de onda” cando defende a postura da Alcaldía en relación co porto de Viveiro
* O deputado popular considera un erro que o PSOE converta esta cuestión unha loita partidista e afirma que o mellor sería emprazar a Costas e a Portos de Galicia a acordar unha solución conxunta que de verdade satisfaga os intereses dos viveirenses.
Cervo, 08 de xullo de 2010.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, afirmou que Ismael Rego está “fora de onda” cando defende a postura da Alcaldía en relación co proxecto de supresión do porto de Viveiro e emprázalle a que fale cos veciños, usuarios destas instalacións, representantes do sector pesqueiro e asociación de comerciantes –tal e como fixo o Presidente de Portos de Galicia- para que coñeza as súas verdadeiras necesidades que distan moito -“nada teñen que ver”- coa información que lle transmiten desde o Equipo de Goberno municipal.
O deputado popular explicou que o proxecto que Costas quere desenvolver no espazo comprendido entre a ponte de Misericordia e o porto deportivo pretende impoñerse por parte do Estado pese a que estes terreos non son da súa competencia e non responde axeitadamente as peticións e necesidades dos veciños deste concello. Balseiro está convencido do errado proceder do PSOE que quere converter esta cuestión nunha loita partidista e afirma que sería moito máis correcto e construtivo se emprazara a Costas a negociar con Portos de Galicia e buscar unha solución axeitada e común que satisfaga todos os intereses e, principalmente, os de os propios veciños de Viveiro.
O deputado popular asegura que en toda esta cuestión é certo que existen intereses persoais e políticos: Persoais, daqueles que traballan para que Viveiro progrese, “non precisamente desde a Alcaldía” e políticos, “de partidos –como o PP- que se preocupan por facer un bo uso destas instalacións, con espazos e servizos que de verdade satisfagan os intereses das e dos viveirenses”.
Finalmente Balseiro amosou a súa sorpresa porque o Goberno central se empecine en desenvolver en terreos que non son da súa competencia determinadas actuacións mentres que noutros espazos que si son da súa total responsabilidade, como son a maioría das praias da Mariña, non están a executar as actuacións que precisan, e que permitirían corrixir os estragos provocados polas últimas riadas. “Claro que desto, non di nada o señor Rego”-conclúe.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



