Nota de Prensa
“Que non eluda a súa responsabilidade”: O voceiro do Mar pide a Roel que explique a súa xestión, discutida incluso polas queixas avaladas coas sinaturas dos usuarios do porto, en vez de facer acusacións sen probas e empregar o insulto.
BALSEIRO EMPRAZA A ROEL A QUE NON SEXA UN OBSTÁCULO NO COMETIDO DE PORTOS PARA RESTABLECER OS SERVICIOS AOS USUARIOS DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS
O voceiro do Mar se pregunta por qué Viveiro, coa súa alcaldía ao fronte, é o único concello galego no que se están a atopar este tipo de situacións, e lembra que Roel xa protagonizou unha situación de “confrontación institucional” similar á actual retrasando durante meses os trámites previos á apertura da residencia da terceira idade, “sen importarlle o dano que facía aos veciños”.
A Mariña, 4 de xullo de 2010.- Jose Manuel Balseiro replica ao rexedor socialista de Viveiro, Melchor Roel, emprazándolle a que non sexa un obstáculo “e polo tanto rectifique de xeito inmediato a súa posición obstrucionista actual” dirixida a dificultar a pretensión de Portos de Galicia de restablecer os servizos aos usuarios das instalacións náutico recreativas que o propio concello foi incapaz de garantir.
O voceiro do Mar se pregunta por qué Viveiro, coa súa alcaldía ao fronte, é o único concello galego no que se están a atopar este tipo de situacións (que obrigan a Portos de Galicia a retirar unha concesión sobre as instalacións náutico-recreativas) á vez que subliña que esta non é primeira ocasión na que o propio Melchor Roel protagoniza unha posición obstrucionista dificultando a posta en marcha de servizos que positivos para os seus veciños “pois debemos lembrar que fai días a propia secretaria xeral de Familia e Benestar recoñecía que o alcalde vivairense retrasou durante catro meses os trámites previos á apertura da residencia da terceira idade de Viveiro”. Esta claro en opinión de Balseiro, “que este señor emprega a alcaldía para provocar enfrontamentos contra a Xunta e coas administracións e non para defender os intereses dos seus veciños”.
NON ELUDA A SÚA RESPONSABILIDADE
O voceiro do Mar lembra que “si xa é grave” que a administración autonómica se vira na obriga de retirar a concesión sobre o porto deportivo ao Concello de Viveiro, como consecuencia das múltiples irregularidades cometidas polo actual Equipo de Goberno e pola negativa continuada a dar resposta aos distintos requirimentos que se lle estaban a facer, “moito máis preocupante aínda é” que o alcalde poña en marcha unha campaña que so vai en prexuízo dos usuarios do porto, negándolle servizos como o subministro de auga e pretendendo apropiarse ilexitimamente da grúa automotriz.
Ao mesmo tempo Balseiro pide a Roel que “teña a valentía de dar as explicacións debidas” sobre a súa xestión, que é a que se está a discutir “incluso a través das queixas avaladas polas sinaturas dos propios usuarios do porto deportivo”, á vez que demándalle que cese na súa intención de poñer en marcha unha estratexia de acusacións sen probas e de insultos, para eludir as súas responsabilidades



















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



