CERVO .- Quince alumnos darán comezo a vindeira semana en Cervo un curso de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas dirixido a traballadores desempregados e ao amparo do Plan de Accións Formativas da Xunta de Galicia.
Nota de Prensa
As clases comezarán a vindeira semana e se prolongarán por un período de cinco meses
QUINCE DESEMPREGADOS FORMARANSE COMA MONTADORES DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS EN SAN ROMÁN E SARGADELOS
* O curso está organizado polo Concello de Cervo e a Fundación Laboral da Construcción
* Esta oferta formativa promovida dende o Concello ven a cumprimentar outras iniciativas deste tipo coma o Obradoiro “Terras de Azul Cobalto” que deu comezo o pasado día 1
Cervo, 9 de xullo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou esta mañá que quince alumnos darán comezo a vindeira semana no municipio un curso de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas dirixido a traballadores desempregados e ao amparo do Plan de Accións Formativas da Xunta de Galicia.
O curso está organizado polo Concello de Cervo e a Fundación Laboral de la Construcción; e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Os alumnos que optan a participar nel asistiron onte ás probas de selección realizadas polos coordinadores da área formativa da Fundación Laboral da Construcción nas antigas escolas unitarias de San Román.
Está previsto que as clases dean comezo o martes, 13 de xullo e que rematen o 18 de novembro. Neste período os alumnos simultanearán a formación entre as Escolas Unitarias de San Roman, onde se impartirán as clases teóricas, e as instalacións coas que conta o Concello en Sargadelos, onde está previsto que se leven adiante as clases prácticas.
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
Ademais, este tipo de formacións inclúe tamén a posibilidade de que os alumnos que superen o curso -ademais de obter o preceptivo certificado profesional de instalador de sistemas solares térmicos- poderán tamén realizar 80 horas de prácticas profesionais en empresas. As prácticas estarán dirixidas e supervisadas por dous titores, un pertencente á Fundación Laboral da Construción e outro á empresa na que se realicen as mesmas. “Deste xeito o que se pretende é facilitar a inserción laboral dos alumnos que realizan estes cursos de formación ocupacional” indicou o alcalde.
AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO
Villares lembrou tamén que aqueles alumnos que estean desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia terán dereito a optar ás axudas económicas establecidas pola administración para os participantes deste tipo de ofertas formativas e de reinserción laboral.
O rexedor sinalou que en Cervo existe “dende hai anos” unha fluída colaboración con entidades adicadas á formación “e queremos seguir nesa liña de fomento e potenciación da celebración deste tipo de cursos dentro do termo municipal” adiantou. “Nesta liña de traballo se enmarcan accións coma o curso de ebanistería posto en marcha o pasado mes de abril en colaboración co Centro de Formación Ocupacional de Viveiro e a Xunta de Galicia, ou máis recentemente o Obradoiro de Emprego Terras de Azul Cobalto que comezou a funcionar a principios deste mes de xullo e que dará emprego durante un ano a 27 persoas” recalcou Villares.
“Queremos, pois, continuar profundando nesa liña de rendibilizar esforzos con todos os actores implicados de cara a contribuír á formación dos nosos traballadores para que poidan superar a actual crise laboral mediante unha mellor preparación profesional e para que poidan competir no mercado laboral coas máximas garantías”.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



