RIBADEO (FNC) .- O vindeiro sábado 10 de xullo comezará a funcionar o bus praia, unha iniciativa novidosa que poñen en marcha o Concello e a empresa Eocar para que ninguén quede sen ir aos areais ribadenses durante o verán. O servizo partirá a diario da oficina de turismo e parará na rúa Virgen del Camino e na estación de autobuses, para seguir ata as praias de Os Castros, Esteiro e As Catedrais. De luns a domingo a saída será ás 15:15 e a volta ás 20 horas. Os sábados, domingos e festivos tamén haberá autobuses pola mañá que partirán ás 11 de Ribadeo e retornarán ás 13:30 horas. O prezo da viaxe ida e volta será de 2,5 euros para os adultos e de 1,5 para os nenos menores de 8 anos.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que “hai dous ou tres anos iniciamos xa conversas con Eocar para tentar poñer en marcha o servizo que hoxe presentamos. As praias de Ribadeo son fermosas, estes días imos izar as bandeiras azuis, as da Q de calidade e a ISO 14.001, pero todas eles teñen o inconveniente de que están certamente distantes do ámbito urbano de Ribadeo. Os Castros, As Illas, Esteiro e As Catedrais son moi bonitas, están lonxe e ás veces fanse pouco accesibles para aquelas persoas que non teñen medios de locomoción propios e os medios de locomoción colectivos non están preparados para dar este servizo con certas garantías”.
O rexedor explicou que “por diversos motivos non puidemos poñer en marcha esta iniciativa e durante todo este último ano a empresa Eocar estivo a xestionar unha autorización autonómica, imprescindible para poder levar esto adiante. E unha vez conseguida desde o Concello, non entrando na relación empresa-Xunta, sí queremos entrar nunha relación Concello-empresa a través da publicidade, dado que nos interesa moitísimo que este servizo funcione polo que ten que ver cunha maior mobilidade, cunha maior implicación do transporte público, cunha menor contaminación e para un maior achegamento ás praias tanto dos ribadenses como dos moitos turistas que nos visitan, algúns deles chegan en transporte colectivo á nosa vila e despois non teñen cómo desprazarse. O que queremos é que poidan desde Ribadeo ir ás praias todos os días”.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



