A asociación cultural Saiñas de Xove organiza o sábado, 17 de xullo a “VI foliada da Mariña” na carpa do Centro Cívico. Iniciarase ás 14:00 h. coa sesión vermú cos gaiteiros de Saiñas. Ás 18:00 h. iniciaranse os xogos tradicionais no parque do Centro Cívico. Ás 20:00 h. cea popular, 300 racións, con empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10 euros. Ás 21:30 h. comezará a foliada na que pode participar quen o desexe. Ás 23:00 h. comezarán os concertos de Os Minhotos, Tanto nos Ten e Quempallou. Saiñas agradece a colaboración ás institucións, organismos e comerciantes. Sen eles non seríamos capaces de organizar esta boa proposta festiva e cultural para a toda a Mariña
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



