LUGO .- A Consellería de Traballo e Benestar leva a cabo unha decena de medidas que está a levar a cabo este departamento en materia de igualdade para apoiar á muller no seu acceso e promoción no mercado laboral
Nota de Prensa
TRABALLO REVISA POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA MÁIS DE CEN CONVENIOS COLECTIVOS PARA GARANTIR OS PRINCIPIOS DE IGUALDADE
* A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asistiu en Lugo á Escola de Mulleres Dirixentes de UGT
* Anunciou que o Servizo de Igualdade Laboral estudará os convenios de todas as empresas co fin de detectar calquera cláusula que poida ir en contra da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
* A titular do departamento autonómico deu a coñecer unha decena de medidas que a Consellería está a desenvolver en materia de igualdade
* Destacou que tras o verano se porá en marcha o Programa Executiva, un proxecto novidoso na Comunidade autónoma para dotar a un grupo de 200 mulleres de ferramentas que reforcen as súas habilidades de liderado
* A Xunta destinou máis de 800.000 euros para favorecer e apoiar a implantación de plans de igualdade nas pequenas e medianas empresas
* No mes de xullo constituirase, no seo do ISSGA, a comisión permanente para a integración da igualdade nas políticas autonómicas de prevención de riscos laborais
Lugo, 10 de xullo de 2010.- A Consellería de Traballo e Benestar deu a coñecer hoxe a decena de medidas que está a levar a cabo este departamento en materia de igualdade para apoiar á muller no seu acceso e promoción no mercado laboral.
Así, a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, detallou no acto de inauguración da cuarta edición da Escola de Mulleres Dirixentes de UGT, que se celebrou en Lugo, as diferentes actuacións que se están a desenvolver neste sentido, entre as que destacou o feito de que por primeira vez en Galicia, o Servizo de Igualdade Laboral de Traballo está a revisar e controlar todos os convenios colectivos, sectoriais e de empresa “co obxectivo de detectar calquera cláusula que poida ser contrario aos principios de igualdade”, apuntou.
Neste sentido, calquera irregularidade remítese nun informe á Comisión Consultiva para que inicie un procedemento encamiñado a corrixir os posibles sesgos de xénero nos convenios. Ata o momento, xa son máis de 100 os convenios que estudou este servizo.
Ademais, Mato resaltou que a Xunta aposta pola negociación colectiva como factor dinamizador do respecto ao principio de igualdade de trato e de oportunidades entre homres e mulleres e, por iso, lembrou que o Goberno galego puxo en marcha o pasado mes de maio a Comisión Consultiva Autonómica para a igualdade na negociación colectiva. Trátase dun órgano adscrito ao Consello Galego de Relacións Laborais que actúa con funcións de asesoramento, control e promoción da igualdade por razón de xénero na negociación colectiva galega.
A conselleira resaltou, ademais, que Traballo porá en marcha tras o verano o programa Executiva, unha iniciativa baseada na formación e na orientación “para dotar ás mulleres de ferramentas que reforcen as súas habilidades de liderado”, subliñou.
Indicou que este proxecto, que se pon en marcha por primeira vez en Galicia, estará destinado a un grupo de 200 mulleres. “Executiva non está dirixido só ao sector feminino que ostenta determinadas responsabilidades, senón tamén ás emprendedoras”, recalcou.
Así mesmo, Mato lembrou que a Consellería está a elaborar un catálogo de empresas que estean obrigadas a facer plans de igualdade, aquelas firmas que contan con máis de 250 traballadores. A titular de Traballo apuntou que as previsións da Xunta son que esta guía conte con máis de 130 empresas galegas.
Axudas para plans de igualdade
Outra das medidas postas en marcha por Traballo son dúas ordes por valor de 800.000 euros para favorecer e apoiar o desenvolvemento e implantación de plans de igualdade nas pequenas e medianas empresas. Unha das axudas circunscríbese estritamente á elaboración de plans e a outra, no marco da Responsabilidade Social Empresarial, ten moi en conta a presenza de políticas empresarias pro igualdade.
Así mesmo, Mato sinalou que este mesmo mes de xullo constituirase, no seo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), a comisión permanente para a integración da igualdade nas políticas autonómicas de prevención de riscos laborais.
“A perspectiva transversal das actuacións do Goberno galego ten o seu reflexo nesta iniciativa que será un órgano para impulsar a elaboración de estudos, información e asesoramento técnico, vixencia e control sobre actuacións específicas en materia de prevención sobre sectores laborais femininos”, recalcou a conselleira. A comisión estará formada por técnicos do ISSGA, sindicatos e empresarios.
Con respecto ás accións formativas, a titular do departamento autonómico lembrou que todas elas inclúen un módulo específico de igualdade de xénero e sobre o fomento das medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral destacou que a Xunta ten “moi en conta” a introdución da corresponsabilidade.
“Por iso, a Lei de Impulso á Familia, que imos aprobar este ano, leva da man a corresponsabilidade e a conciliación cun título concreto adicado a estas materias”, apostilou.
Por último, Mato lembrou que o Goberno galego puxo en marcha a Marca Galega de Excelencia en Igualdade, unha iniciativa que en poucos meses logrou que 7 empresas xa opten a este rexistro, e, así mesmo, explicou que a Xunta está a prestar apoio técnico e económico ás medidas municipais de conciliación, como os bancos de tempo e os plans de programación do tempo na cidade.
“Como vedes, a posta da Xunta por lograr unha igualdade real de oportunidades é global e ampla, un proxecto que logrará unha economía máis sólida, unhas empresas máis competitivas, un mercado laboral con máis oportunidades e unha sociedade plenamente integradora”, concluíu.






















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



