Nota de Prensa 1/2
ALFREDO LLANO VALOROU DE XEITO MOI POSITIVO O INVESTIMENTO DE 73.000 EUROS QUE REALIZARÁ A DEPUTACIÓN PROVINCIAL NAS OBRAS DE MELLORA DA PONTE DO PERDOURO, DANADA POLAS RIADAS DE XUÑO.
Burela, 18 de agosto de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, valorou de xeito moi positivo o investimento de 73.000 euros que realizará a Deputación Provincial nas obras de mellora da ponte do Perdouro, danada polas riadas de xuño.
O rexedor explicou: “nós puxémonos en contacto coa Xunta, que é responsabilidade dela o caudal do río dos Matos que foi o que provocou ese desbordamento e esta anomalía na ponte do Perdouro. Desde a Xunta quedaron de arranxalo, pero vese que vai pasando o tempo e non se deu conseguido. Puxémonos en contacto despois coa unidade técnica da Deputación Provincial, fixemos unha valoración rápida, fíxose un proxecto para arreglala, estimóuse en 73.000 euros e estamos aquí hoxe para dicir que se levará adiante durante o mes de setembro”.
Alfredo Llano agradeceu “a colaboración da Deputación e o traballo realizado para paliar os danos ocasionados polas riadas de xaneiro e de xuño deste ano e botamos de menos máis axuda por parte da Xunta de Galicia”.
O alcalde burelés tamén analizou co presidente da Deputación, no encontro que ambos mantiveron esta mañá en Burela, a implantación da administración electrónica no Concello, “algo que podería poñerse en marcha tamén a partires do vindeiro mes de setembro”.
Nota de Prensa 2/2
Nota de Prensa
A Deputación aforra máis de 73.000 euros ó Concello de Burela co arranxo dun treito da antiga N-642
– O organismo provincial asume as obras desta vía cortada dende xaneiro á espera de que o Goberno galego, entidade responsable, se fixera cargo destes traballos
– Besteiro subliña que “a Xunta só está interesada en coordinar xa que a hora de facer obras temos que esperar por ela. Esta é a 1º das múltiples actuacións que executaremos en Burela no período 2010-2011 dentro dun novo Plan”
– Estes traballos engádense ó Plan de Choque, unha iniciativa que a Deputación puxo en marcha en apoio ós Concellos mariñás e que rematou en tempo e forma
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Alcalde de Burela, Alfredo Llano, adiantou este mércores que o organismo provincial aforrará máis de 73.000 euros ó Concello burelés, uns 12 millóns das antigas pesetas, co arranxo dun treito da antiga N-642. Trátase dunha vía municipal cortada ó seu paso pola Ponte de Perdouro, concretamente no punto quilométrico 44,750, dende o mes de xaneiro. Nesta data, o desbordamento do río dos Matos provocou graves danos na estrada polo que o Concello de Burela púxose en contacto coa Xunta, responsable da canle deste río, para arranxar este vial e restablecer o tráfico. Gómez Besteiro avanzou que “ante a pasividade do Goberno galego, o organismo provincial faise cargo das obras de mellora dunha vía moi transitada ó ser unha das saída de Burela cara Foz en dirección Ribadeo. Esta é a primeira das múltiples actuacións que executaremos en Burela no período 2010-2011 dentro dun novo Plan. A Xunta só está interesada en coordinar porque á hora de facer obras temos que esperar por ela. Esta actuación é exemplo delo”.
Pola súa banda, o Alcalde destacou que “estes traballos xa deberían estar feitos. En xaneiro puxémonos en contacto coa Xunta e quedaron en darlle solución a esta infraestructura pero pasou moito tempo e aquí non fixeron nada. As choivas de xuño provocaron aínda máis desperfectos polo que a Ponte está inservible nun tercio da súa anchura”.
A Deputación aprobará agora un proxecto de mellora que comezará a executar no mes de setembro e que rematará en 2 meses. Deste xeito, o organismo provincial levará a cabo as seguintes actuacións: corte do pavimento; formigonado de soleira 15 centímetros de espesor; colocación dun tubaxe de hormigón e dun muro de escolleira superior ós 500 quilogramos; aglomerado en quente; e sinalización vertical e horizontal.
Plan de Choque
Estes traballos súmanse ó Plan de Choque que puxo en marcha a Deputación para solventar os danos que ocasionaron as choivas de xuño nos 16 Concellos da Mariña. O organismo provincial investiu nesta iniciativa 1,2 millóns de euros, 900.000 no arranxo das vías provinciais e 300.000 nas municipais aforrando deste xeito, outros 50 millóns das antigas pesetas ós municipios.
Neste senso, o Presidente destacou que “á única administración, xunto ó Goberno Central, que rematou o plan de apoio ós Concellos foi a Deputación. Nós cumprimos co acordado cos Alcaldes na reunión de Cervo e en 40 días completamos o Plan de Choque que executamos ademais en municipios de todas as cores políticas sen facer distincións. O PP é o partido das miles promesas. En 2008 esixían no Vicedo que a VAC estivera lista en 2011. Hai un ano e medio que están no Goberno e retrasan esta infraestrutura ó 2017 cando esta prevista para 2013. Este é o seu dobre xogo”.
O máximo mandatario provincial incidiu en que “todas as obras nas vías provinciais están dentro do prazo de execución, a única obra que sofre atraso é o arranxo da Ponte de Arante en Ribadeo”. Ó respecto, explicou que a Deputación segue a espera do permiso da Xunta para acometer estes traballos malia entregar xa no mes de xullo o proxecto e en agosto un documento reiterando o estado ruinoso desta infraestrutura e a necesidade, por seguridade dos seus usuarios, de derribala e construír unha nova ponte.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



