LUGO .- O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, adiantou este venres que a Deputación reduce nun 65% a contratación externa do Parque Móbil pasando dos 56 vehículos alugados ós 19, e aforrando máis de 1,1 millóns de euros, exactamente 1.111.616 de euros. Gato Soengas subliñou que “o vindeiro mes de outubro rescindirá o contrato de arrendamento que herdamos da anterior corporación provincial, e que supoñía un desenvolso de máis de 1,4 millóns de euros é dicir, o Partido Popular despilfarraba máis de 240 millóns de pesetas. Ante o fin deste contrato, a Deputación consegue racionalizar totalmente o Parque móvil”.
O Deputado destacou que a Xunta de Goberno aprobou sustituir estes 56 coches por 19. Deste xeito, Gato Soengas subliñou que “aprobamos unha contratación moi ventaxosa porque: reducimos o número de coches alugados; aforramos 1,1 millóns de euros ó investir nesta actuación preto de 349.000 euros fronte ó 1,4 millóns de euros do documento do PP. Ademais, acometemos un arrendamento financieiro que permitirá, por un lado que estes vehículos pasen a ser propiedade da Deputación en 4 anos, e por outro rematar co doble despilfarro da anterior corporación provincial que durante anos pagou coches que nunca chegaron a ser desta institución”.
Reorientación do Parque Móbil
A Deputación asinou en setembro de 2006 un contrato de aluguer de 47 vehículos cun custe de 1,2 millóns de euros. Este documento foi modificado en tres ocasións: en abril de 2007 coa adquisión de 4 novos turismos por valor de 145.000 euros; en maio dese mesmo ano co incremento doutros 4 vehículos cun custe de 62.285 euros; e un mes máis tarde, en xuño, co aluguer dun coche que supuxo un desenvolso 35.944 euros.
Antonio Gato indicou que “cando este equipo de Goberno chegou a Deputación, atopámonos cun contrato de aluger de 56 coches cun custe de 1.460.356 euros. Ante esta situación, fomos reorientando o Parque Móbil”. O organismo provincial levou a cabo as seguintes devolucións: 13 coches en decembro de 2007 aforrando 323.163 euros; 5 en outubro de 2008 que conlevaron un aforro de 62.700 euros; e 1 en setembro de 2009 co que se logrou aforrar outros 5.740 euros.
“Auténtica austeridade”
Os 19 novos vehículos que alugará a Deputación serán para uso do persoal de vixianza dos 4.000 quilómetros que integran a rede viaria provincial. Trátanse dos traballadores encargados de controlar o estado dos viais da Deputación, así como de alertar e actuar ante calquera adversidade, por exemplo a borrasca Doris que azotou a Mariña no mes de xuño. O voceiro provincial socialista subliñou que “esta si é unha medida de auténtica austeridade xa que, por un lado reducimos custes, e por outro mantemos os servizos ós cidadáns”.
Os turismos serán de 3 portas, diésel e contarán cunha potencia de entre 70 e 80 cabalos, “o suficiente para atender ás incidencias nas nosas estradas e velar pola seguridade dos veciños”. Neste senso, Gato Soengas destacou que “a nosa forma de facer política non ten nada que ver coa do PP xa que, mentras a anterior corporación provincial usaba os coches do Parque Móbil ó seu antoxo e ó dos seus amigos, nós convertémos este departamento nun servizo en beneficio dos veciños da provincia”.
Da mesma forma, explicou que no ente provincia toda persoa que necesita un vehículo ten que poñerse en contacto co Xefe de Servizo para solicitalo, e rexistrar o uso que fai del. “Nesta institución xa non hai coches exclusivos xa que se fai uso deles segundo a súa dispoñibilidade” sentenciou.
REDUCIÓN DA CONTRATACIÓN EXTERNA DO PARQUE MÓBIL NUN 65% E AFORRO DE 1,1 MILLÓNS DE EUROS
| Setembro 2006 | Contratación de 47 vehículos | Gasto de 1.218.000,00 € |
| Abril 2007 | Contratación de 4 vehículos | Gasto de 144.076,00 € |
| Maio 2007 | Contratación de 4 vehículos | Gasto de 62.286,00 € |
| Xuño 2007 | Contratación de 1 vehículo | Gasto de 35.944,00 € |
| Decembro 2007 | Devolución de 13 vehículos | Aforro de 323.163,00 € |
| Outubro 2008 | Devolución de 5 vehículos | Aforro de 62.700,00 € |
| Setembro 2009 | Devolución de 1 vehículo | Aforro de 5.740,00 € |
| Outubro 2010 |
Rescisión contrato 2006, devolución de todos os vehículos e arrendamento financieiro
(en 4 anos serán directamente propiedade da Deputación de Lugo) |
Aforro de 1.111.616,00 € |
RESUMO
| Ano 2007 | 56 vehículos | Reducción nun 65% |
| Ano 2010 | 19 vehículos |























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



