O vindeiro sábado 4 de setembro, inaugurarase no CENIMA de Foz, a partir das 7 da tarde, a exposición “OLGAS” de Alberto Pena Rey. A mostra está composta por unha serie de pinturas ó óleo sobre lenzos de gran formato, creadas a partir de impresións dixitais de olgas, tomadas na Mariña durante o pasado inverno. A sala do CENIMA elixida para expoñer esta mostra, está separada visualmente do mar por un vidro, circunstancia que permite á obra entrar en confluencia directa co exterior, coa subida e a baixada das mareas. A exposición poderase visitar ata o 18 de setembro.
Alberto Pena Rey expón óleos no CENIMA en Foz
Relacionado
-
En marcha o posto de mando avanzado do Resurrection Fest
-
Un grupo da Asociación Saúde Mental da Mariña fixo entrega este xoves ao Concello de Xove dun lote de libros de “A Super Acción de Mauricio”, nun entrañable acto no que participaron uns 25 membros da Asociación acompañados por varios tecnicos
-
171 casos máis de coronavirus na provincia nas últimas 24 h.