O PP culpa ao goberno central de “comportarse como un obstáculo no proceso de regularización de embarcacións”
Nota de Prensa
Elena Espinosa, Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño recoñeceu nunha visita a Vilagarcía que só o Executivo central é a administración competente para resolver estes inconvenientes
O PSdeG PRETENDE ESCORRER O VULTO CULPANDO A XUNTA CANDO É O GOBERNO CENTRAL QUEN ESTÁ A COMPORTARSE COMO UN OBSTÁCULO NO PROCESO DE REGULARIZACIÓN DE EMBARCACIÓNS
* Informes do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño impiden ditaminar favorablemente a regularización de 562 solicitudes
* O voceiro do Mar do PPdG insta a Marisol Soneira a dimitir por pedirlle á Xunta que prevarique e por ocultar que é o Ministerio o que impide cos seus informes a regularización de moitas embarcacións
* Balseiro lembrou que foi a propia Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño Elena Espinosa quen afirmou que a administración autonómica é incompetente neste ámbito
* O PPdG reclama o cese do dobre discurso que manexan os socialistas neste asunto, xa que aquí din querer solucionar o proceso e en Madrid votan en contra dunha proposición de lei do Grupo Popular no Congreso que achegaría unha saída ás embarcacións a regularizar
Santiago, 12 de agosto de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro considera vergoñenta a actitude do PSdeG-PSOE que pretende “escorrer o vulto” no tocante á problemática xurdida coa regularización das embarcacións pesqueiras culpando á Xunta nun ámbito de competencia do Goberno do Estado e polo que a administración socialista central meteu á flota nun “calexón sen saída” mentres se negue a resolvelo.
Balseiro subliñou que desde o primeiro momento o PSOE intenta eludir a responsabilidade do Goberno central neste ámbito pero todos os homes e mulleres do mar que tramitan a regularización das súas embarcacións son “plenamente conscientes de que quen está a comportarse como un obstáculo en todo este proceso é a propia administración central”. De feito, o voceiro popular lembrou que a razón pola que 562 solicitudes recibiron unha comunicación desfavorable para a súa regularización en Galicia radica nun informe negativo da Secretaría General del Mar, dependente do Ministerio de Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
A este respecto, o parlamentario popular pediu a dimisión de Marisol Soneira por “ser inconcibible que unha representante pública lle pida a unha administración que prevarique”, toda vez que a Xunta non se pode apartar do informe emitido por Madrid. Neste senso, Balseiro tamén se preguntou que leva a Marisol Soneira a ocultar a existencia destes informes e a atacar á Consellería do Mar cando coñece, ou debera coñecer estes documentos e as competencias que cada administración ten neste proceso. Unha vez máis, o voceiro popular instou á parlamentaria socialista a cambiar de asesora, xa que “só a leva de erro en erro, o que lle está fomentando unha imaxe de persoa desinformada e carente de rigor”
O GOBERNO CENTRAL, ÚNICO COMPETENTE
Jose Manuel Balseiro insistiu na “desvergoña” que preside as declaracións dos socialistas neste asunto, xa que os trámites políticos para o desbloqueo desta situación “só os pode facer Madrid”, porque é da súa estrita competencia. Neste senso lembra que foi a propia Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño Elena Espinosa quen, con ocasión dun encontro co sector durante unha visita a Vilagarcía de Arousa celebrada o 23 de maio de 2005 deixou claro que só a administración central e os seus órganos dependentes “son os competentes para resolver este proceso, toda vez que subliñou que a administración autonómica é incompetente neste ámbito”. Amais, tamén apuntou ao dobre discurso que manexan os socialistas, xa que aquí din querer solucionar o proceso e en Madrid votan en contra dunha proposición de lei do Grupo Popular no Congreso que achegaría unha saída ás embarcacións a regularizar.
Por todo isto, o portavoz de asuntos marítimos non comprende “que intereses moven ao Goberno socialista central para deixar fóra da lei e impedir o despacho de máis de medio millar de embarcacións galegas” e moito menos que “sendo eles os que están a obstaculizar todo o proceso, salgan agora desde o PSdeG reclamando que a Xunta dea solución a unha problemática que eles mesmos xeraron”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



