Nota de Prensa
A dirixente popular teme que se vexa aínda máis comprometida a feble situación económica municipal e que os recortes previstos e as devolucións obrigradas repercutan na prestación de obras e servizos por parte do Concello.
A SENADORA GUEIMUNDE ALERTA: “VIVEIRO PERDE SOLVENCIA E PRESTIXIO CÓ GOBERNO SOCIALISTA DE ZAPATERO”
O tixeirazo de ZP nas transferencias do Estado ó concello viveirense nun 9,64%, e a devolución obligada dos 314.135 euros adiantados no 2008, agravarán a situación económica municipal e afectarán con iso á oferta de servicios procurados polo concello.
A política popular solicita un aplazamento do Executivo para a devolución dos cartos.
A Mariña,6 de Agosto do 2010.- A senadora do Partido Popular, Maria del Carmen Gueimunde deu a voz de alerta despois de coñecerse que o Concello de Viveiro deberá abonar 314.135 euros polos adiantos recibidos no 2008 estimados a partir da recaudación de impostos previstos para esta anualidade polo Ministerio de Economía e Facenda. As cantidades, que se revisan cada dous anos, cotéxanse cos datos reais derivando nos desfases feitos públicos agora polo Estado, e que provocan unha profonda crise nas xa deterioradas arcas do concello.
Esta devolución, mais o xa anunciado recorte de 243.616,70 euros no financiamento local viveirense previsto polo Goberno socialista de Zapatero para este exercicio, xunto coa diminución das partidas destinadas ao FEIL 2010 respecto ós anos anteriores, deixan nunha situación moi comprometida ó concello, que sen ter previsto este gasto non dispon de vías de financiamento.
A inquietude por esta situación amplíase ante a expectativa de que os cartos que deberán retornarse ás arcas do Estado polos adiantos do exercicio 2009 será aínda máis cuantioso que os do 2008. Tendo presente ademais, suliña Gueimunde, que as devolucións afectarán igualmente a cada un dos concellos da provincia, que en conxunto terán que reembolsar algo máis de cinco millóns de euros, non cabe dúbida de que o futuro destes municipios e da provincia no seu conxunto non estará garantizado polo goberno socialista.
“O Goberno de Zapatero, co lucense José Blanco como brazo executor, paraliza ou retrasa a construcción de infraestructuras básicas para Lugo que son da súa competencia, convertindo á nosa provincia na máis perxudicada de Galicia polos seus recortes orzamentarios, e por si eso fora pouco, agora reclama os adiantos realizados a cargo das transferencias”, explican dende o PP.
O Goberno de Zapatero non fai máis que sumar recortes sobre recortes, reitera a popular, froito da súa nefasta xestión económica. E “traspasa a súa incompetencia ó resto das administracións, que terán que pagar e sofrir os seus erros e que, en última instancia, perxudicarán de xeito notorio a todos e cada un dos veciños do noso concello”.
“Zapatero e o seu goberno non fai máis que afogar cada día un pouquiño máis ós lucenses, demostración evidente da sua desidia e despilfarro económico de case duas lexislaturas” engade Gueimunde.
A dirixente popular remata solicitando un aplazamento do Executivo socialista central por canto teme que a devandita devolución comprometa aínda máis a xa de por sí complicada situación económica municipal, e repercuta na prestación de obras e servizos por parte do Concello


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



